Estes non son poemas, nin cimentos de poemas siquera. Son fragmentos de min mesmo perdidos . MCMXCVIII. GALIZA. ╰☆╮
Don't wanna be here? Send us removal request.
Text
Percorrer coa lingua
A túa pel.
Era coma voltar á casa
despois dunha longa viaxe.
5 notes
·
View notes
Text
Baleiro
Camiño cara o mar, estou só. O vento seca as bágoas, o tempo trae outras. A lembranza ensordece o chío dos paxaros. Escoito o batir das ondas. A auga ácida en cada fenda quebra as pedras máis duras. Cada vez máis pó, menos rocha. Sigo camiñando, sigo só borráronse as bágoas. tamén elas me deixan. Vexo o mar. eterno, baleiro, escuro, profundo. Xa o sinto frío ardente percorre o meu corpo esgazado. A auga, as fendas e o pó. Todo volve ao seu. Non hai máis camiño. Déixome ir.
9 notes
·
View notes
Text
6 de decembro: a maior mentira do Estado Español.
A Constitución Española de 1978 foi redactada, en nome de todo o Estado Español, por 7 persoas, todos homes, por suposto, nun proceso cuxa nula transparencia o distancia de calquera estándar democrático.
Desas 7 persoas, 5 eran de dereitas e 4 foran membros, polo tanto criminais, do goberno franquista que cando lles veu ben dixeron ser democrátas.
Dos que restan, un era socialista e o outro dicíase comunista, que non o era porque acabou milatando no PSOE. (A dereita, vaia)
O texto non foi un pacto de convivencia, porque, igual non vos lembrades, pero parte da súa oposición estaba morta nas cunetas e a outra atrofiada tras 40 escuros anos de represión e violencia.
Ese libro foi un pacto entre as elites do poder da dictadura, que viron nel a oportunidade de perpetuar o réxime disfrazado de democracia. Os xuíces que condenaran a moita xente á morte por roxos seguirían no seu posto, os militares tamén e a casta política, por suposto, tamén. Todos eles mantendo os seus privilexios e a súa impunidade. A inmovilidade era absoluta.
E ese falso pacto foi estratéxicamente redactado de xeito ambiguo, de forma que se constituía un tribunal que dependía do poder político (o constitucional) e que podía interpretalo (coma Deus, de xeito incuestionábel) ao gusto da maioría fascista dominante.
Unha vez redactada e revisada pola elite militar, eclesiástica e oligarca que controlaba o país, someteuse a unha votación que dixeron libre. Libre!, pero a outra opción cal era? Que o exército e a parte dura do franquismo volveran tomar o poder pola forza? Unha nova guerra civil?. Evidentemente gañou o si. (Eu mesmo a tería votado de vivir naquel entón). Gañou un si forzado, imposto polo medo e falto de lexitimidade.
A Constitución átanos de forma violenta a aquel réxime corrupto e asasino, continúa e legaliza o xenocidio cultural dos pobos que viven baixo o xugo do Estado Español e non garante os nosos dereitos básicos máis alá do papel (liberdade de expresión, vivenda, traballo, igualdade...), véxase Lei Mordaza, Lei Hipotecaria...
O 6 de Decembro somos moitos os que por dignidade, por memoria e por xustiza non só non festexamos nada, senón que esiximos a morte do Réxime do 78 e de todo o que representa.
4 notes
·
View notes
Text
Todos os invernos me traen de volta. O magnetismo da escuridade. O atractivo perigoso do frío. Non sei.
0 notes
Text
Agora bébome as estrelas que non me quixestes levar a ver.
As noites de verán son baleiras, están desestreladas.
Galicia quedou sen estrelas por non querer velas comigo,
e xa non hai desexos, e xa non hai amores fugaces.
O amor e a paixón
atópanse extintos
no meu mundo de ebriedade.
E xa non hai risadas, e xa non hai apertas
nin miradas; só quedan cervexas baleiradas
para encher con brilo a miña alma apagada.
A miña alma que semella
a santa sen compaña,
vagando en pena polas eternas noites desestreladas.
E mentres o ceo brilaba algún antigo xaneiro,
agora é verán e o ceo xa non brila:
agora bébome as estrelas
que non me quixestes levar a ver.
~Antía Alberte
9 notes
·
View notes
Quote
Pasarán os días de choiva, as películas de medo, as malas rachas. Pasarán as persoas e con elas a hipocrisía, as malas linguas, a toxicidade. Pasarán os días nos que non encontras o sentido a botar os pés fóra da cama e terás que estar disposta a camiñar. Pasarán os medos e con eles o temor a despedirse porque o que sae non fai falla e non hai nada máis bonito que a adrenalina do que está por chegar. E é que a fin de contas calquera despedida é máis un punto e aparte que un punto e final.
Nalgún recuncho da rede.
0 notes
Text
Saudades de quem te lembra
Saudades traem cada foto, cada image armazenada na minha computadora. Creio que poderia viver delas durante anos esperando o seu regresso.
A felicidade do home em silêncio, aguardando por um possível futuro. A verdade de sentir-se querido e comprendido polo ser amado nom tem preço.
Nos piores e nos melhores momentos, quem quere deve manter a força a esperança.
Um deve ser forte por vários, um deve luitar. Nom pode cair no esquecemento de quem um dia apostou por el.
Até que chegue o dia, aguardando em silêncio a sua volta, o seu regresso. Saudades das suas lembranças.
6 notes
·
View notes
Quote
Réquiem polo camiño que sempre remata no cantil da túa lembranza.
1 note
·
View note
Text
Son.
Non son nin quen quero nin quen espero SER Non son dende que ti, alba dos meus tempos, me roubaras o verbo, dereito da existencia sinxelo pracer da esperanza. Quizais só a túa pegada e un cento de verbos mortos máis. Nunca máis serei
4 notes
·
View notes
Quote
A metade de todo o que eu era leváchela como propina.
1 note
·
View note
Quote
Sólo te deseo Que tu mierda cobre vida Y te dé un beso; Un beso de ésos Que me dabas cuando naufragaba En tu pecho enfermo de miedo. Toda esa puta electricidad Era una mentira más de lo que fuimos.
2 notes
·
View notes
Quote
De ti só levei un cento de preguntas sen resposta e a condena de verte en cada unha das miñas sombras.
1 note
·
View note
Quote
Amemos o tempo que turra de nós e que nos leva. Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove, sempre é cedo pra o froito que agardamos e non chega. Amemos á rosa porque é breve e ao tempo porque fuxe e non se para, inda que á veira das horas, nas esquiñas, morran as verdades contra o vento i a noite seña un recendo podrecido das frores que chantamos pra salvarnos. Amemos as bocas que mancan ao bicalas, aos pianos que medran e non tocan e ás tardes fermosas que se acaban. Amemos inda que a espranza turre cara abaixo a vencellarnos sempre contra nuncas de campos sen aire e corazóns parados
Carlos Casares. Adícanselle as Letras Galegas no 2017.
3 notes
·
View notes
Quote
E quero bailar ao ritmo do que vive ilusionado e coa voz do silenciado cantar quero con paixón Coa querenza e coa emoción Da que non pretende nada máis que seguir namorada Mentres quede corazón
3 notes
·
View notes
Quote
Aquelas sábanas co teu cheiro eran toda a droga que precisaba.
2 notes
·
View notes
Quote
E non escribo porque non quero que volvas a min, porque non quero pensarte
1 note
·
View note