hmanteiga-blog
hmanteiga-blog
Sin título
3 posts
Don't wanna be here? Send us removal request.
hmanteiga-blog · 6 years ago
Text
Matriz
Comecei co meu proxecto. O primeiro que tiña que facer era cubrir a matriz de actividades e así o fixen. Primeiro aproveitei as actividades que xa tiña deseñadas e aquí a primeira satisfacción, pois deime conta que unha mesma actividade podería podería cruzar diferentes niveis de Bloom e diferententes intelixencias.  
Como quería ter unha actividade por cada nivel, e as que eu tiña deseñadas xa as empregara para diferentes intelixencias ou ben só se ocupaban  da intelixencia lingüística, tiven que deseñar unhas novas. Pero hei de dicir que me resultou fácil. 
0 notes
hmanteiga-blog · 6 years ago
Text
Diario 2
Vou facer nesta entrada un repaso dos beneficios e das vantaxes que coas paisaxes de aprendizaxe vai ter o meu alumnado e eu como docente, que tamén é importante. Seguro que esquezo moitas máis que irei descubrindo unha vez que as leve á aula pero de momento ocórrenseme estas:
- A rapazada:
Aprenderá sen darse conta.
Traballaramos con equipos de cooperativo e colaborativos.
Aprenderá xogando
Poderá escoller actividades de diferente tipoloxía.
A experiencia serviralle como aprendizaxe.
Memorizarán sen sabelo e a través da práctica.
- Os meus beneficios:
Poderei atender á diversidade da aula.
Contarei con actividades de reforzo e ampliación.
Incluirei ferramentas dixitais.
Terei un alumnado motivado.
E deixarei de preocuparme tanto dos estándares de aprendizaxe e as competencias clave.
Esta nova ferramenta medolóxica foi para min, en definitiva, todo un descubrimento. 
Tumblr media
0 notes
hmanteiga-blog · 6 years ago
Text
Paisaxes de aprendizaxe: que descubrín coas intelixencias múltiples?
Comecei un curso en outubro que leva por título Paisaxes da aprendizaxe, cando empecei non tiña moi claro a que ía nin sequera que ía aprender ou de que me ía servir. 
Na mi��a actividade como docente, como profesora de lingua e literatura, teño claro que quero facer da miña materia e das miñas clases algo atractivo para o alumnado, que a eles lles entusiasme a lingua tanto como a min. Sei que cada cativo é diferente, que cada un ten os seus propios intereses, os seus gustos.. a súa propia vida e personalidade, pero quizais nunca me parara a pensar en que tamén cada un deles ten as súas propias fortalezas e unhas intelixencias máis desenvolvidas ca outras, o que me vai servir de ferramenta para achegarme un pouco máis a eles. 
A estas alturas, sen aínda ter rematado o curso, teño claro que quero facer en cada unidade didáctica unha paisaxe de aprendizaxe. Non son aínda unha experta e teño moito que aprender aínda pero xa empecei ese traballo. Empecei a deseñar unha paisaxe e quero implementala nas miñas clases. Non sei se vai funcionar, non sei se o saberei facer ben pero o que teño claro é que ao meu alumnado lle vai encantar. 
Confío en que me sirva ademais para traballar a diversidade, para que cada alumno e alumna se sinta cómodo facendo aquelas acividades que máis lles gusten. Teño que perfeccionar o meu método, darlle unhas cantas voltas máis aínda antes de atreverme a levala á práctica, mais prometinme a min mesma que no Nadal vou deseñar unhas cantas e que a partir do ano que vén as clases van ser diferentes. 
1 note · View note