Tumgik
mariaquintiana · 8 years
Text
Participa no Proxecto Runas 2016 e na Feira de Artesanía
Participa no Proxecto Runas 2016 e na Feira de Artesanía
Nótase que xa estamos a tres meses de que dea comezo a XXXII edición do Festival de Ortigueira porque comezan a abrirse os prazos tanto para presentar as candidaturas ao Proxecto Runas coma para solicitar os postos na Feira de Artesanía. De feito, estamos xusto a tres meses, porque o tamén xoves 14 de xullo dará comezo un novo Mundo Celta do que, ata o de agora, non sabemos moito.
Tumblr media
Pero o que si…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 8 years
Text
A música galega incorpora unha nova rapaciña cantareira
A música galega incorpora unha nova rapaciña cantareira | Blog Festival Ortigueira, por @MariaQuintiana
As redes sociais valen de moito. A min gústanme porque grazas a elas dou con noticias, fotos e vídeos que, por min soa, non atoparía nunca. Onte volveume pasar: chegoume un vídeo que non é que me gustara, non. Encantoume!!
O músico galego Davide Salvado compartiu no seu Facebook persoal esta xoia:
A rapaza o…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 8 years
Text
Xosé Ferreirós:“O Festival de hai 30 anos baseábase no voluntarismo”
Xosé Ferreirós:“O Festival de hai 30 anos baseábase no voluntarismo”
Tumblr media
Hai dous anos tiven unha longa conversa telefónica dende Londres con Xosé Ferreirós, un dos membros do Milladoiro nado en 1978 que aínda segue en activo levando a música galega por diferentes lares. Hoxe escribo este artigo dende Barcelona, pensando en que soamente faltan seis meses para que dea comezo a XXXII edición do Festival de Ortigueira, unha edición que, alo menos para min, será moi…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 8 years
Text
Para cando un Festival de Ortigueira 3.0?
Para cando un Festival de Ortigueira 3.0?
Tumblr media
Aviso para navegantes! Este vai ser un artigo moi persoal, e o será porque volveu pasar o de sempre cando a verdade é que me esperaba un cambio. O XXXII Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presentouse un ano máis en FITUR. Para quen non o saiba, esta Feira Internacional de Turismo foi considerada a segunda máis importante do mundo e este ano contou cun 8% máis de participación…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 9 years
Text
Este venres farei un dos meus soños realidade grazas á Escola de Gaitas de Ortigueira
Este venres farei un dos meus soños realidade grazas á Escola de Gaitas de Ortigueira #milgrazas (vía @MariaQuintiana)
Tumblr media
  Aínda non o creo, por moito que xa teña todo case preparado. O certo é que tampouco había moito que preparar. E o digo porque para min falar da Escola de Gaitas de Ortigueira é moi sinxelo: soamente teño que expresar todas as emocións que a Escola e o Festival me teñen feito sentir dende que tiña 3 anos.
E é que, amigas e amigos, non sabedes o pracer que é para min contarvos que o vindeiro venre…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 9 years
Text
Budiño, protagonista do Mundo Celta vinte anos despois da súa primeira actuación en Ortigueira
Budiño, protagonista do Mundo Celta vinte anos despois da súa primeira actuación en Ortigueira (vía Blog #FestivalOrtigueira de @MariaQuintiana)
Non podía ser doutra maneira. 20 anos depois da súa primeira actuación no Festival de Ortigueira, Xosé Manuel Budiño volve reconvertido no director artístico da noite do sábado. 20 anos, como pasa o tempo.
Era o ano 1995 e logo de oito anos sen se poder desfrutar do Festival de Ortigueira, o Mundo Celta volve sair adiante, esta vez no mes de agosto porque había eleccións e non daba tempo de…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 9 years
Text
A gaiteira Cristina Pato volve a Ortigueira
Blog Festival Ortigueira: A gaiteira @CristinaPato volve a Ortigueira (vía @MaríaQuintiana) #FestivalOrtigueira #CelticMusic
É galega e faino notar alí por onde vai. E xa non soamente porque toque (e moi ben) o noso instrumento máis representativo. As persoas que a seguimos nas redes sociais dámonos de conta do orgullosa que se sinte da súa Galicia e que, cada vez que fai un oco na súa apretada axenda, volve para o seu Ourense. A pasada fin de semana compartiu no seu Facebook unha foto dende a cidade das termas coa súa…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 9 years
Text
Preparados para a XXXI edición do Festival de Ortigueira?
Preparados para a XXXI edición do Festival de Ortigueira? @festortigueira @escoladegaitas @MariaQuintiana #Ortigueira
Tumblr media
A case unha semana para que dea comezo unha nova edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, supoño que todos estaredes a facer xa as mochilas con todos os imprescindibles para a acampanada en Morouzos, non? Falando de Morouzos, coméntovos que este ano hai novidades. Non poderedes acampar na zona do piñeiral debido a que Costas non o permitíu. De todos os xeitos, xa está acondicionada a…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
Milladoiro presenta hoxe en Ortigueira "unha retrospectiva do seu traballo"
Milladoiro presenta hoxe en Ortigueira "unha retrospectiva do seu traballo" @MariaQuintiana Blog do @festortigueira
O Mundo Celta chega á súa segunda noite de festa da man dun dos concertos máis esperados desta 30 edición: o de Milladoiro. A banda galega promete unha actución na que “o público atopará unha restrospectiva do noso repertorio, xa que queremos dar a coñecer temas do noso traballo que non adoitan estar presentes nos nosos concertos”, destacou Xosé Ferreirós, un dos compeñentes históricos da banda,…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
Trens e buses para chegar a Ortigueira
Trenes e buses para chegar a Ortigueira
Poido imaxinar que a estas alturas do mércores moitos de vós estades cos últimos preparativos para pór maña camiño a Ortigueira. Ou, se non sodes tan afortunados (como é o meu caso), o faredes o venres ou sábado. Por iso, quérovos facer un pequeno resumo de todas as posibilidades que tendes para chegar ao Mundo Celta.
Primeiro de todo, o mellor é esquecerse do coche, xa que non poderedes acceder…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
Únete ás Free Sessions e toca no Festival de Ortigueira
Únete ás Free Sessions e toca no Festival de Ortigueira @MariaQuintiana Blog do @festortigueira
Tumblr media
Tocas algún instrumento? Formas parte dalgún grupo? Se é así, estás de sorte porque unha das grandes novidades da trixésima edición do Mundo Celta é a posta en marcha das denominadas Free Sessions, unha iniciativa coa que se vos quere dar a oportunidad de debutar no Festival de Ortigueira. O lugar elixido para a ocasión é a Praza de Isabel II, o venres ás 12.00 e 20.00 horas e o sábado ás 20.00…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
Todo en marcha en Ortigueira para a noite dos "Runas"
Todo en marcha en Ortigueira para a noite dos "Runas" (@festortigueira @XabiAburruzaga @CaramuxoQuartet @tiruleque)
Escenario Alameda 2014. Foto: Laura Pedre
O Escenario Alameda xa está a punto para a súa inauguración na primeira xornada de festa na vila. Será o xoves ás 22.00 horas da man dos tres finalistas do “Proxecto Runas” e de Pepe Vaamonde Grupo, encargados de pór o fin á primeira noite do Festival de Ortigueira. A mesma tarde do xoves, a Praza de Isabel II acollerá ás 20.00 horas a inauguración…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
"Temos un dos mellores carteis dos últimos anos"
"Temos un dos mellores carteis dos últimos anos" @MariaQuintiana Blog do @festortigueira @escoladegaitas
A Escola de Gaitas de Ortigueira, anfitriona do Festival do Mundo Celta, tamén está en plena conta atrás para o comezo do trixésimo Festival de Ortigueira, unha edición que, en palabras do seu presidente, Bruno Lozano, conta “cun dos mellores carteis dos últimos anos”.  E é que xa pasou moito tempo dende que membros da Escola de Gaitas visitaran o afamado Festival de Lorientdo que volverían cunha…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
Festival Ortigueira: "Lévalo dentro. Sínteo"
Festival Ortigueira: "Lévalo dentro. Sínteo" por @MariaQuintiana, blog do @festortigueira
E ben que sinto, a pesar dos case 2000 quilómetros que me separan de Ortigueira, como a trixésima edición do Mundo Celta está a piques de dar comezo. Tan só faltan 11 días para que as rúas de Santa  Marta e a praia de Morouzos se enchan de verdadeiros aventureiros e, sobre todo, de amantes do folk que chegan á nosa vila para desfrutar dunha edición que, en palabras da organización, será “para o…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 10 years
Text
The Chieftains volven a Ortigueira despois de dez anos
The Chieftains volven a Ortigueira despois de dez anos
Tumblr media
É, sen lugar a dúbidas, a banda de música tradicional irlandesa máis importante das últimas cinco décadas. Ás súas costas levan prestixiosos galardóns, como seis premios Grammy e un Emmy. Nos seus máis de 50 anos de historia compartiron escenario con músicos do talle de Micc Jagger, The Dubliners, Sting ou Luciano Pavarotti. Este ano encabezan o cartel da que será a triséxima edición do Festival…
View On WordPress
0 notes
mariaquintiana · 11 years
Photo
Tumblr media
http://wp.me/sYYy9-495
View Post
0 notes
mariaquintiana · 11 years
Photo
Tumblr media
Vamos, que comeza!
Todo a punto para que dea comezo a segunda xornada de festa na vila de Ortigueira. O grupo coruñés…
View Post
0 notes