Tumgik
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
Se non tes tempo libre tamen podes xogar algúns videoxogos
The witcher:A historia te poder durar unhas 30 ou 20 h e se queres explorar todo serian unhas 100h.Este xogo se destaca por su excelente histora o seu mundo incrible de fantasía e marabillosos personaxes que te tendrán pegado a consola
God of War.A súa historia é rápida e ten un excelente ritmo de xogo,un sistema de combate bastante bo e un dúo de perssonaxes que te deixaran coa boca aberta.
The last of us:Este xogo é de supervivencia e te mantendrá ao borde do teu asento.O xogo ten excelente atencion e a intro do xogo e te sacará algunha lágrima
Horizon zero down: é un xogo RPG con un xigante mundo aberto.O combate é accesible pero a vez ten unha capa de estratexia. Este xogo te pode levar unhas 40h 
Falout 4 : Esta saga se destaca por a súa exploración.O seu mapa ten moitas cousas que de seguro non te aburriran
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Esta entrada non é como tal algo que facer no tempo libre xa que son festas, festivais… e non podes ir a unha sempre que queiras, xa que esta programadas.
Nos vamos a propoñer algunhas que se fan todos os anos e que poden variar as datas, pero sempre se fan.
A primeira que poñemos é o ENTROIDO. O entroido é unha festa internacional, practicada en moitos países europeos e en case todos os países do continente americano. Esta celebración consiste basicamente en que todas as persoas que participen nela disfrázanse, empregan máscaras e saen a rúa no medio de comparsas e multitudinarios desfiles onde a imaxinación e a creatividade non teñen igual. O sentido desta festa é historicamente cristián, pois simboliza unha especia de tributo págano antes da celebración da semana santa. Despois en cada lugar vívese o entroido de forma distinta.
A cabalgata de reis: cada 5 de xaneiro en distintas cidades realízase a cabalgata. Consiste nun desfile de carros onde Gaspar, Melchor e Baltasar acompañados dos seus paxes e axudantes, tiran caramelos e os nenos e nenas están debaixo e cóllenos. Esta tradición ten lugar  dende o século XIX en varias cidades españolas, aínda que a máis antiga da que se ten rexistro e a cabalgata de reis en Alcoy, Alicante, que a súa vez é considerada a máis importante do mundo. Co tempo, foi incorporándose a outras cidades españolas e outros países.
E por última festa en Coruña que vos propoñemos vamos a explicar a de San Xoán. Cada 24 de xuño celébrase a noite de san Xoán, unha festa págana que leva un nome relixioso porque se cre que o aposto de Xesús, naceu ao redor desa data, na que ademais prodúcese o solsticio de verán no hemisferio norte e o inverno no hemisferio sur. O fogo non só é o protagonista da noite de sa Xoán, e ten dúas simboloxías: purificar os pecados das persoas e render o culto ao sol. En moitos países do mundo celébrase este día prendendo fogueiras na praia. Algunhas persoas incluso saltan por enriba delas porque a tradición conta que so desexos que pidamos durante ese ritual poden cumprirse.
Non só o fogo é importante en San Xoán, porque purifica e queima todo o malo, se non que tamén o auga é moi importante. Algunhas persoas métense no mar e saltan as olas porque creen que lles asegura saúde para todo o ano.
Como na anterior proposta dos museos, poñemos as fotos en orden 
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Como puxemos na entrada anterior, podedes ir ver moitos lugares ao exterior pero se chove e mellor que visitedes museos por exemplo. Deixámosche os museos máis visitados na Coruña. O primeiro que podes visitar é o Museo De Belas Artes que atópase na rúa Zalaeta e podes coller os buses 4, 5, 6, 6A, 7 e 11 e paran na rúa Panaderas que está xusto detrás do museo. Neste museos podes atopar dende pinturas e debuxos ata esculturas e gravados, dende o século XIX ata os nosos días. É un museo moi interesante se o teu e a pintura e a escultura.
Tamén podes visitar o Museo Nacional De Ciencia e Tecnoloxía máis coñecido como a MUNCYT está na praza do museo nacional e é un museo con forma de prisma en el que en el interior se separa por dous edificios. Dende o exterior é posible diferenciar as zonas correspondentes aos espazos do servizo do museo.
O seguinte encántalle aos nenos, e é  Casa das Ciencias que está no parque de santa margarita e comprende 3 salas de exposicións, un planetario e unha sala de exposicións temporais. Tamén hai unha sección dedicada á física e a experimentos interactivos ao aire libre.
Outro é o Museo Arqueolóxico que se atopa dentro de Castelo De San Antón, o castelo en realidade é unha fortaleza que se remonta ao século XVI, que utilizarase anteriormente como defensa e como prisión.
Este outro museo tamén soe gustar moito aos nenos é o acuario Fisterrán que é o que se atopa ao lado da Torre de Hércules, como xa explicamos anteriormente, este museo non só mostra os animais mariños se non que tamén explica a historia da industria pesqueira en Galicia, a vida dos pescadores e a cultura que nos rodea.
E xa o último exemplo que vos poñemos aínda que hai máis museos na nosa cidade, é o Domus Casa Do Home e é o primeiro museo interactivo centrado no ser humano. Examina todo, dende a identidade e a demografía ata os sentidos, o corazón, os sistema motor… Este museo conta con máis de 200 exhibicións interactivas para que os visitantes as descubran.
Deixamos as fotos de cada museo por orden en que os nomeamos.  
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Podes ir dar paseos ou visitar sitios en Coruña, aquí deixámosche alguna información:
1- Paseo marítimo da coruña: este é un bonito paseo que podes facer en bici, camiñando, correndo, en patíns… é de case 13 km e vai todo o tempo pola beiramar.
2- Praias: xa que A Coruña está preto do mar, podedes ir con moita facilidade a praia. Por exemplo: praia de Riazor, praia das Lapas, praia do Matadoiro…
3- Castelo de San Antón: este é un castelo do renacemento que se encontra ao final do paseo do parrote. Os horarios son de martes a sábado de 10 a 19.30, os domingos de 10 a 14.30 e os luns non abre.
4- Torres de Hércules: este é un faro romano que se encontra na avenída de navarra. Ten como peculiaridade que é o faro máis antigo que segue en funcionamento. Os horarios son todos os días de 10 a 17.30.
5- Dique de abrigo: mide aproximadamente 1400 metros de lonxitude e como o seu nome di, serve de abrigo aos temporales marítimos do porto da Coruña. Ademais de ser un dique ten carril bici, un paseo e bancos para sentarse.
6- Monte de San Pedro: está na estrada Os Fortes e o seu horario é de luns a sábado de 10 a 22 e o domingo de 10 a 21. Este monte conta con multitude de actividades, como por exemplo: unha zoa de parque, un ascensor panorámico, unha cúpula Atlantica e un centro de interpretación.
7- Castro de Elviña: sitúase no campus de Elviña, tamén hai un museo arqueolóxico. É un dos castros máis grande de Galicia. O castro está aberto ao público cun programa de visitas guiadas.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
Para finalizar co apartado de receitas, os deixamos un doce galego!! UNHA BICA!!!
Para esta receita necesitamos: 3 ovos, 300 gramos de azucre, 125 gramos de manteiga, 125 mililitros de nata, 300 gramos de fariña e 1 sobre de Royal.
Para facer a bica, batemos os ovos co azucre ata que se poñan brancos e engadimos a manteiga, seguimos batendo ata que se quede ben mesturada e botamos os 125 mililitros de nata. A continuación pasamos por un chino a fariña e o sobre e o engadimos a mestura de antes. Metemos no forno frío uns 25/30 minutos.
E xa estría esta receita que semella complexa pero que en verdade e moi simple e a demáis esta moi moi boa.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
Agora procedemos ca pizza un pouco máis galega, UNHA PIZZA DE LACÓN CON GRELOS. Para esta pedazo de pizza necesitamos 4 patacas medianas para cocer, 6 culleradas de aceita virxe extra. 2 culleradas tipo sobremesa de azucre e 1 de sal, 300 mililitros de leite temperada, 20 gramos de lévedo fresco. E para o recheo, 5 culleradas de tomate frito, 1 de ourego picado, 200 gramos de queixo de Arzúa, 300 gramos de lacón, 200 gramos de grelos xa cocidos.
Quentamos con antelación o forno a 250º. Botamos fariña na zona de traballo, estiramos a masa co rolo de maneira que quede o suficientemente fina. Engadimos a salsa de tomate cunha culler estirando todo o tomate de forma que non queden ocos nos borde nin no centro. Metemos a masa durante 2-3 minutos a 180º o xusto para fixar o tomate na base. Cortamos o queixo de Arzúa en anacos de un centímetro aproximadamente que é fácil de cortar xa que é un queixo cremoso. Sacamos a base do forno e poñemos os anacos de queixo na base para que se fundan xa que a masa está quente. Cortamos o lacón en anacos pequenos e drenamos os grelos intentando que non quede auga para despois non molestar a masa na hora de meter no forno. Repartimos os grelos e o lacón e metemos a pizza uns 10 minutos ata que vexas que a masa está dourada e a masa crocante, a sacamos dor forno e engadimos un goteo de aceite de oliva. E xa temos a pizza galega galega, a veredes que cando a cortedes veredes o queixo tan cremoso e todo o sabor do mellor lacón con grelos pero nunha pizza.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
AVALIACIÓN DE HOXE
Mario  empezou a facer a entrada dos deportes (6)
Ziel correxir o que estaba mal da súa parte (6)
Alicia a entrada das visitas (8)
Isa correxir todas as entradas e facer duas receitas de pizzas e unha receita de unha bica (9)
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Para continuar cas receitas, agora vamos a ensinarvos a receita de unha pizza facendo nos a masa, despois vos podedes cambiar os ingredientes de enriba da masa como máis vos guste.
Para facer a masa precisamos: 1quilogramo de fariña de trigo, 560 mililitros de auga, 25 gramos de sal, 25 mililitros de oliva virxe extra e 14 gramos de lévedo fresco.
Para comezar nun recipiente grande introducimos unha parte da fariña de trigo, deixamos unhas 4 culleradas de fariña separadas para ir engordando a masa. Cunha culler facemos un oco no centro do recipiente e botamos o lévedo disolto no auga. Despois mesturamos dende os bordes ata o centro. Engadimos o aceite de oliva e o sal. É IMPORTANTE QUE O LÉVEDO E O SAL NON ENTREN EN CONTACTO PARA NON TER PROBLEMAS NO PROCESO DE FERMENTACIÓN.
Despois seguimos removendo o que ven a ser a masa aínda que de momento é unha mestura que se pega pero firme. Cando rematemos preparamos a zona onde vamos a estirar a masa. Cando xa temos a zona de traballo botamos fariña en forma de choiva e sacamos a masa do recipiente. Empezamos a traballar a masa cas mans para que quede máis elástica e suba mellor. Para refinar a masa debemos facer como unha especia de churro e retorcer a masa en espirais varias veces. Ao rematar volvemos a xuntar a masa e amasar de novo como uns 10 minutos. ESE É O TRUCO QUE FAI QUE A MASA ESTE INCRÍBEL. Despois de os 10 minutos xa podemos manipular a masa con maior facilidade e quedara homoxénea.
Coa masa facemos unha bóla e collemos o recipiente que usabamos e a metemos con fariña, tapamos o recipiente cun pano e deixamos que repouse a masa entre uns 45 minutos e 1 hora. UN TRUCO PARA SABER CANDO XA ESTÁ A MASA E APERTAR CUN DEDO A MASA E SE VOLVE A FORMA QUE ESTABA ANTES E QUE XA ESTÁ LISTA.
Agora que xa está lista a masa podemos empezar a preparar os ingredientes, nos deixámosche dúas receitas pero vos podedes elixir calquera que vos guste o incluso facer a vosa propia receita adaptada aos vosos gustos.
Vamos ca primeira, e neste caso será unha pizza de 4 queixos.
Para esta pizza necesitamos: 400 gramos de masa de pizza que acabamos de facer, 15 mililitros de aceite de oliva virxe extra, 150 gramos de salsa de tomate caseira, 250 gramos de queixo mozarrella, 100 gramos de queixo azul, 100 ramos que queixo parmesano e 100 gramos dun queixo suave, estes son os ingredientes que poñemos de exemplo, pero como dixen antes podedes poñer os ingredientes que vos gusten.
Antes de nada quentamos con antelación o noso forno a 250º. Botamos fariña en modo de choiva encima da zona de traballo e estiramos a masa para que quede fina para que crise, ou máis graxa. Engadimos a salsa de tomate cunha culler e a dispersamos por toda a masa ata que se vexa todo vermello do tomate. Repartimos os queixos que escollemos por enriba da base. Metemos a masa no forno e despois de 15-20 minutos depende da masa e xa temos lista a pizza de 4 queixos.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
Podes xogar a xogos de mesa; por aquí deixámosche algunhas recomendacións:
1- Carcassonne: Este xogo vai de que cada xogador cando é a súa quenda, vai construíndo o taboleiro. Os personaxes vanse convertendo en asaltantes, cabaleiros o monxes segundo as terras, cidades o campos que vai cada quen conseguindo.
2- Pictionary: Este xogos vai de que cada quen vai collendo unha ficha (na que pon un nome dun obxecto, animal…) Esta persoa debuxa o que lle apareza e o outro teno que adiviñar antes de que remate o tempo. Se acértao avanza, e se non, quedase no sitio.
3- Jenga: Este xogo vai de que hai unha torre con bloques de madeira e hai que ilos sacando e a quen se lle caia, perde.
4- Parchís: Este xogo vai de que hai que tirar un dado que ir avanzando polo taboleiro sen que te coman os teus compañeiros. Gaña quen teña todas as fichas na caixa do medio.
5- Monopoli: Este xogo vai de que tes que ir comprando sitios e o que antes quede sen cartos perde.
6- Preguntados: Este xogo vai de que hai que ir facendo preguntas e se as acertas avanzas.
7- Axedrez: Este xogo vai de que hai dous xogadores con 16 fichas cada un, ten que ir comendo e ao que non lle queden máis fichas, perde.
8- Xestos: Este xogos vai de que (por parellas), un colle unha carta e ten que facer o que poña na carta con xestos e se o outro do grupo o adiviña avanzan.
9- ¿Quen son eu?: Este xogo vai de que todos son participantes poñen unha carta na cabeza cun debuxo e cada un a base de preguntas ten que adiviñar que ten o seu debuxo.
10- UN: Este xogo vai de cada persoa ten sete cartas e o que non teña ningunha gaña.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
o que fixemos e as notas:
Ziel rematou o da música (8)
Mario buscou unha receita (8)
Alicia fixo o dos xogos (8)
Isa correxiu o das peliculas (8)
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Podes ver películas, recomendámosche:
1-Idade da inocencia: Un avogado comprometido e unha muller liberal encóntranse atrapados entre os seus sentimentos e as novas normas sociais.
2-Carol: En Nova York na década de 1950, unha moza traballadora de unha tenda de moda e unha muller elegante e sofisticada, que vive inmersa nun matrimonio no que non atopa a felicidade.
3-Campeóns: Marco, un adestrador profesional de baloncesto desempregado, debe adestrar a un equipo composto por persoas con discapacidade.
4-Paddington 1: Un pequeno oso que é encontrado e salvado por outros osos que o crían e o mandan xunto unha familia a Londres
5-Vida privada: Unha parella que enfrontan a súa infertilidade por manter o seu matrimonio mentres están en proceso de adopción
6-O neno e a besta: Un neno solitario que vive en Tokio que vai a un mundo imaxinario e establece amistade cunha besta
7-Billy Elliot: é un  neno que quere facer ballet e o seu pai e machista e está en contra.
8-A tres metros sobre o ceo: E unha historia sobre dous mozos: un problemático con tendencias violentas que comeza un romance cunha moza rica
Tamén podes ver series:
1-Las chicas del cable: Conta a historia de 4 mozas que proceden de distintos lugares do pais, xúntanse na capital e por temas de traballo fanse amigas
2-Maniac: Un novo tratamento farmacolóxico e radial que ten moitas consecuencias secundarias pero esta feito para curar a enfermidade de Emma
3-VIS A VIS: Unha mazo que entra interna nunha prisión de mulleres, tras ser acusada de malversación e de fraude fiscal.
4-La casa de papel: Un grupo de atracantes entran e reclutan a persoas.
5-trece razóns: Un dia un adolescente chega a súa casa e atópase unha caixa de zapatos con cintas de cassete e as invenstiga
6-Boneca rusa: Unha rapaza que vai a unha festa como invitada de honor e ocorre un suceso que cambia a súa vida.
7-Sex education: Un neno que a súa nai é sexóloga e a nai axuda a o amigo do neno.
8-Narcos: Narcos é una serie de ficción baseada en feitos reais sobre a loita contra o narcotráfico en Colombia nos anos 90. Os protagonistas das dúas primeiras tempadas son dous axentes da DEA estadounidense e seu principal obxectivo, Pablo Escobar. A terceira tempada trata sobre a loita dos rivales contra Escobar e a cuarta tempada céntrase na loita contra o cartel de Juárez en México.
9-Elite: As Encinas é o colexio máis inclusive do pais e o que a elite envía a os seus fillos a estudar. Nel acaban de ser admitidos uns nenos de clase obrera despois de que un terremoto destrozara o colexio público, os alumnos tiveron que ser repartidos polos colexios da zona. O choque entre os que o teñen todo e os que non teñen nada acaba nun asasinato.
Esperamos que vos guste as nosas primeiras propostas, con paso do tempo deixaremosvos outras formas de non aburrise
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Photo
Tumblr media
QUE FACER NO TEMPO LIBRE:
Podes cociñar, aquí deixámosche algunhas receitas:
1. TORTILLA DE PATACAS:
Ingredientes:
    6 ovos
    1 cebola pequena
    2 vasos de aceite de oliva
    1 folla de perexil
    3 patacas
    1 pemento verde
    sal
 Elaboración:
1.Pela e pica a cebola en anacos pequenos. Limpa o pemento verde e retira o talo e as pebidas e córtao en anacos pequenos.
2.Limpa e pela as patacas, corta as patacas en láminas pequenas.
3.Casca os ovos e méteos nun recipiente e con el a cebola, o pemento e as patacas.
4.Mestura todo.
5.Pon nunha tixola ao fogo e bótalle aceite.
6.Bota a mestura na tixola e agarda a que se poña dura e logo da a volta
7.Sácaas da tixola e xa está lista para comer.
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
Se segues aburrido e non sabes que facer podes escoitar música
Estes son alguns xéneros recomendados
Dramático
ópera:é unha representación teatral na que no desarrollo van cantando os diferentes personaxes.
Tumblr media
Musical:Combina musica,baile e breves escenas teatrales
Tumblr media
Monólogo:Obra dramática ou parte de ela  na que a acción e a expresión se basa nun só personaxe .  
Tumblr media
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
o que fixemos hoxe e as notas
Ziel buscou o da música que estaba a facer o día anterior.
Alicia, Mario e Isa correximos as faltas do día anterior e fixemos a receita da tortilla e buscamos máis
A nosa nota é para todos un 8 porque estamos contribuindo todos o mesmo no traballo
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
o que fixemos hoxe
Mario buscou receitas de comida.
Ziel buscou o apartado de musica.
Alicia e Isa buscamos peliculas y series recomendadas e a sua sinopse
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
O noso blog vai tratar de :
Vai tratar sobre o tempo libre, das cosas q podes facer un dia soleado ou chuvioso, cando aburreste ....
0 notes
ultramaiz34-blog · 5 years
Text
Participantes:  Somos Mario Montoya, Alicia Blanco, Ziel Clieth e Isabel Barros
0 notes