Text
Que é exactamente a madurez? Unha amiga díxome que é cando deixamos de quedar para ir de cañas e comezamos a quedar para cafés. Según miña nai é cando sentas a cabeza. Iso significa que ata que atope un home que me ature(e que ature eu), case e me meta nunha hipoteca a 40 anos non vou ser madura? NÉGOME O dicionario da RAG di que é a "etapa da vida do ser humano, normalmente arredor da mediana idade, na que chega a un estado de equilibrio psíquico e de total afirmación da personalidade" "Afirmación da personalidade" Iso é o que buscamos todos. Pero como imos afirmar a nosa personalidade? Todos os días bombardeannos con anuncios, noticias, estudos na universidade de Wisconsin ou comentarios que nos condicionan. De pequenos dábannos charlas sobre drogas e o que a presión de grupo nos podía facer. Dicíannos que pensaramos por nós mesmos e dixeramos non a ese cigarro ou a aquela pastilla. En ningún momento nos explicaron que a presión de grupo, de toda a sociedade, nos obriga a facer outras cousas. Casar, ter fillos, un traballo decente.. Unha relación poliamorosa, decidir non ter fillos, traballar de prostituta por decisión propias son cousas que esta sociedade non ve ben. Entón que é a madurez? É estar por enriba da sociedade? Unha prostituta coas trompas ligadas e nunha relación poliamorosa é madura? Estou comezando a crer que a madureza non existe.
0 notes
Text
Quizais debería estar explicando nesta entrada porque escribo esta entrada. É a primeira, suponse que debe ser unha presentación de min mesma e do motivo polo que comezo esta andaina.
Non estou segura de quen son.
Recén saída dunha relación de moitos anos, que comezou cando aínda era unha nena de instituto, atópome perdida neste mundo. Cos meus vinte e poucos anos pregúntome: Son eu mesma? Ou son o que a miña parella e a sociedade esperaban de min?
Sinceramente creo que comezo isto por aburrimento. É sábado pola tarde, estou de resaca e non sei que facer.
Ou se cadra comézoo como unha vía de escape. Estou presa de min mesma, tratando de parecer madura, responsable e segura de min mesma todo o tempo. É agotador. Esta sociedade bipolar fainos madurar moi rápido a uns e demasiado despacio a outros.
Comezo polo tanto unha etapa de autodescubremento e de tentar forzar os meus límites e creo que escribir aqui algunha vez me axudará a ser constante. Non quero ser o que se espera de min, eu quero ser eu
0 notes