Un xogo de mesa para a difusión da nosa literatura de tradición oral. Desenvolvido no IES de Carral e dixitalizado en conmemoración do Día das Letras Galegas 2019, adicadas ao escritor e etnógrafo Antón Fraguas.
Don't wanna be here? Send us removal request.
Video
tumblr
Vídeo de presentación do xogo. Coa técnica audiovisual do croma para xogar cos efectos visuais.
2 notes
·
View notes
Text
Dixitalizamos o xogo de mesa “Pan Comido”
En conmemoración do Día das Letras Galegas 2019, adicado ao escritor e etnógrafo Antón Fraguas, que dá nome ao centro de formación do noso concello, realizamos varios obradoiros de dixitalización arredor do “Pan Comido”: un xogo de mesa para a difusión da literatura de tradición oral.
Foi unha iniciativa impulsada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas do IES de Carral, xunto ao Departamento de Tecnoloxía e ás áreas de Xuventude e Cultura do Concello de Carral. Estivo deseñada e coordinada polo equipo profesional de BenCuriosa, coa colaboración de Árticos.
O resultado final desta iniciativa inclúe:
A dixitalización do xogo, creando este repositorio web coas instrucións para poder auto-producilo, replicalo, adaptalo ou melloralo. Foi elaborada polo alumnado de 2º da ESO durante tres sesións, onde aprenderon nocións de documentación e publicación dixital, creando por grupos as seguintes seccións informativas:
AUTORÍA
O instituto
Quen o fixo? Por que?
Carral, elementos da vila destacados no xogo
FAINO TI MESM@
Que se precisa?
Precisas un xa feito?
Faino da túa vila
A XOGAR!
Como se xoga?
Vídeo titorial
Vídeo opinións
Opinións
Facer un día de concurso
Uns obradoiros de impresión 3D nos que se deseñaron fichas para o xogo, mentres aprenderon a empregar esta tecnoloxía.
Uns obradoiros para facer apps para móbil, nos que experimentaron coa posibilidade de crear unha aplicación coas preguntas do xogo.
Transversalmente, o alumnado puido achegarse aos valores e regras básicas que acompañan ás novas prácticas da cultura dixital: colaboración entre iguais (P2P), conciencia de rede, recoñecemento da autoría e do traballo achegado, un proceso continuado de mellora colectiva, transparencia e coñecemento aberto.
Traballamos tamén outros aspectos como a edición dixital (textos, imaxes), o funcionamento web, as lóxicas maker do “faino ti mesmo” ou a economía circular (visibilizando o aproveitamento que se fixo de elementos como caixas de empanadas, taboleiros antigos, etc.).
1 note
·
View note
Text
Obradoiros de impresión 3D
A impresión 3D é un conxunto de tecnoloxías que nos permite deseñar e producir obxectos tridimensionais, actualmente xa con custos moi asequibles.
Durante a primavera de 2019 fixemos tres xornadas de obradoiros con alumnado de 2º e 3º da ESO, primeiro no IES de Carral e despois na aula informática do local de xuventude do Concello de Carral.
No instituto achegámonos aos principios básicos da tecnoloxía e posibles aplicacións, ademais de poder facer probas de impresión. Para isto, o alumnado escolleu en repositorios de acceso libre pezas xa deseñadas que poderían servirnos para o noso xogo de mesa, como por exemplo:
https://www.thingiverse.com/search?q=tablut
https://www.thingiverse.com/search?q=pokemon+chess
https://www.thingiverse.com/search?q=minion+chess
No local de xuventude introducímonos xa en ferramentas coas que poder modificar ou deseñar obxectos 3D. O resultado foron algunhas pezas para o xogo deseñadas polas participantes e que poden descargarse aquí:
https://www.thingiverse.com/thing:3691582
Ademais, tanto o profesorado como o alumnado dotáronse, dun xeito lúdico e práctico, dos coñecementos mínimos para sacar proveito da impresora 3D coa que conta o centro, de cara a futuros usos.
0 notes
Text
Obradoiros app inventor
Durante abril e maio de 2019 fixemos tres obradoiros breves con alumnado de 4º de ESO, primeiro no instituto e despois na aula informática do local de xuventude do Concello de Carral.
Promovida polo MIT (Massachusetts Institute of Technology) e Google, App Inventor é unha ferramenta de desenvolvemento de aplicacións para móbiles/tabletas Android. É moi visual, intuitiva e non se precisan coñecementos premios de programación. Funciona na nube, polo que tan só se precisa un equipo cun navegador web e un móbil/tableta onde poder probar a aplicación resultante. Con poucas horas xa se poden ver resultados, o que resulta motivador.
Nos dous primeiros obradoiros familiarizámonos coa ferramenta e fixeron dúas apps funcionais: unha para pintar e borrar sacudindo o móbil e outra para sacar fotos e xerar memes.
Na terceira, un grupo de alumnas experimentaron cunha aplicación coas preguntas das tarxetas do xogo, que puidera ser empregada por calquera persoa cun móbil/tableta android.
Estas son algunhas capturas de pantalla da aplicación resultante:
Con máis horas de adicación poderíase volcar todas as preguntas e xerar un sistema de usuario, rankings, etc. que permitise realizar un concurso. E xa noutro nivel seguinte, introducir contidos multimedia ou xeolocalización, que permita ligar as “casiñas” do xogo con puntos concretos do territorio a modo de roteiro.
0 notes
Text
Xornada de concurso
Como facer un día de concurso de Pan Comido?
Táboa cos concursantes.
Decoración adaptada ao ámbito de concurso.
Varios xogos para concursar á vez.
Carteis promocionais.
Premios para os gañadores.
Horario de comezo e de remate.
Mesa con aperitivos.
Persoal importante para presentar o concurso.
Premios por participar.
Sesión de fotos.
Marcas que promocionen o evento.
Unha posible ficha de traballo:
Un modelo de ficha de inscrición:
0 notes
Video
youtube
Pequenas entrevistas sobre o xogo Por Candela, Paula, Nerea e Susana
2 notes
·
View notes
Conversation
Algunhas opinións
Candela- Pareceume divertido e moi interesante; pero tamén fíxoseme moi longo e un pouco soso.
Nerea- pareceume moi entretenido e interesante debido a que nos ensina moitas cousas.
Lois- Este xogo gustoume por unha parte porque xogamos todos xuntos en grupo, pero por outra non porque me pareceu moi longo.
Susana- Non me gustou unha parte (a das cancións) e paréceme moi longo. Pero polo resto paréceme un xogo moi divertido.
Paula - Gustoume un pouco, pois era moi longo.
Martín L- Non me gustou porque parece un xogo copiado da Oca.
Rubén C - Gustoume porque representa a historia do noso concello.
Iker- Gustoume moito porque é un xogo moi entretido para xogar cos meus amigos e familia. Ademais Candela e Paula explícano moi ben nun vídeo.
Anton - E divertido para xogar cos teus amigos, sobre todo agora que chega o verán.
Anónimo - Pareceume un xogo bastante aburrido e moi longo.
Sofia - É un xogo moi divertido e para xogar en familia.
Adrián - Foi moi entretido e pareceume un xogo moi educativo.
Saúl - Gustoume, aínda que é un pouco longo.
Miguel - Gustoume, foi moi entretido.
Diana - Moi aburrido e pesado.
Fran - Gustoume moito.
0 notes
Video
youtube
Feito polas alumnas do IES Carral:
Lucía Barbeito Sánchez
Natalia Gómez Orgeira
0 notes
Text
Como se xoga?
O obxectivo do xogo é chegar primeiro á Torre de Quembre e conseguir o tesouro que agacharon os mouros no lugar.
As normas pódense descargar aquí, pero serían:
1- Necesítanse de 2 a 4 xogadores. Pódese xogar individualmente, en parellas ou en grupo. No comezo do xogo 2 xogadores saen polo camiño do ben e 2 polo camiño do mal. Se só hai dous xogadores, sae un por cada camiño.
Para saber o camiño que che toca, cada xogador/a tira o dado e o que saque o número máis alto comeza no camiño do ben. Se hai empate tiran até que 1 saque o número máis alto. O que sacou o número máis alto, elixe unha fórmula de botar a sortes. E quen saia escollido, comeza tamén no camiño do ben. Os outros 2 xogadores empezan no camiño do mal.
2- Como se gaña?
Indo polo camiño do ben (mártires):
A) se chegas á torre de quembre, gañas o tesouro. (Hai que caer co número exacto, senón contas para atrás).
B) se caes no cadro de ouro e acertas a proba que elixas.
Indo polo camiño do mal (cemiterio):
Se chegas á cova do inferno e acertas 3 das 4 probas dunha ficha, gañas.
3- Como se avanza?
Avánzase o número de celas que indique o dado. Se resolves a proba que che toca podes volver tirar.
4- Celas interesantes
No camiño do ben:
Pan e refrán: se caes en refrán de pan, volves tirar e avanzas tantas celas como indique o dado.
Cadro de ouro: gañas con acertares a proba que ti elixas.
120: vas por autoestrada, avanza 3 cadros.
En ambos:
Adiviña: tes que resolver a adiviña.
Sortes: dis o no dunha fórmula de sortes e realízala nos outros xogadores. O que saia escollido irá a cela inicial do camiño contrario. Se só hai 2 xogadores, botase a sorte entre os 2 e cambia de camiño o que non saia na sorte.
Pregunta: respondes unha pregunta escollendo entre 4 opcións.
Refrán ou frase feita: tes que escoller cale a segunda parte dun refrán ou frase feita entre 3 opcións.
Rodas novas: ganas 1 tirada.
Cantas: completar os 2 versos seguintes dunha canción popular galega.
No camiño do mal:
Pan e refrán: se caes en refrán de pan, volves tirar e retrocedes tantas celas como indique o dado.
Cadro da morte: perdes se non acertas a proba que ti elixas.
Sortes: dis o número dunha fórmula de sortes e realízala nos outros xogadores. O que saia escollido ira á cela inicial do camiño.
Control alcolemia: tes que repetir un trabalinguas. Se o fas perfecto, pasas ao camiño da torre.
Stop: retrocedes 2 cadros.
Pinchaches 1 roda: 1 quenda sen tirares.
0 notes
Text
Faino da túa vila
Para poder facer o pan comido da túa vila, tes que buscar información do sitio onde vivas e cambiar todas as preguntas do Pan Comido inicial (que non sexan da túa vila), poñendo a información que recollestes. Igual con parte das adiviñas, refráns e cancións. Se queredes tamén podedes cambiar as fotos do taboleiro.
Podes recoller información da vosa vila de moitas maneiras como por exemplo: preguntando polas casas, en internet, aos teus familiares ou por medios de comunicación como á televisión ou a radio. Nós por exemplo recollimos información de páxinas web como wikipedia ou a do concello:
https://es.wikipedia.org/wiki/Carral
http://www.carral.es/es/carral/historia-de-carral/
E por último só faltaría xogar cos teus amigos ou familiares e pasalo xenial.
0 notes
Text
Precisas un xa feito?
Este é un xogo no que non precisas mercar xa que o podes facer ti na túa casa. É moi sinxelo facelo e non fai falta diñeiro xa que se pode facer con materiais reciclados ou de segunda man.
Por exemplo a caixa que ten o xogo orixinal está formada cunha caixa de empanada. Despois pintámola ou pegamos unah imaxe e xa parece unha caixa orixinal, simplemente forrada con plástico tamén reciclado.
As cartas pódelas facer ti coas túas preguntas ou imprimilas do xogo orixinal.

Se estades interesados en que vos deixen un xa feito podedes contactar con Anxo, o profesor de galego do instituto nos contactos que saen no seguinte enlace: www.edu.xunta.gal/centros/iescarral/
0 notes
Text
Que se precisa para xogar ao pan comido?
1. Taboleiro do xogo
Para ter unha base ríxida pódese empregar unha do parchís, da oca ou de xadrez. Despois hai que descargar aquí e imprimir a imaxe do xogo, para pegala no taboleiro comprado.

2. Folleto coas normas
Que se poden descargar aquí, xunto ás sortes e trabalinguas.

3. Cartas coas probas
Poden descargarse nos seguintes enlaces, despois hai que imprimilas e recortalas:
https://drive.google.com/file/d/1DSvYIOtXhhdzYHXJY5e69LvzueJ1bwW6/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1ppfvt_Uy6e7hjPpRAlQgptu_J_W1b0RM/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1LH9tBWQu4UAMlfGJ5mJ6Yv4xfELTbr2o/view?usp=sharing
Unhas compañeiras, neste 2019, estiveron a facer un prototipo de aplicación móbil onde saísen estas probas. Podes saber máis aquí.

4. As fichas para xogar 5. Catro dados (con 6 caras) 6. Un reloxo de area
Precisamos 4 fichas. Cos taboleiros de parchís tamén soen vir fichas, dados e cubiletes. O reloxo de area pódese conseguir dun xogo que xa teñas.
No 2017 deseñaron catro posibles personaxes.
Neste 2019, estivemos a experimentar coa impresión 3D para facer deseños de fichas ou empregar outros deseños en 3D xa feitos. Podes saber máis e descargar pezas imprimibles en 3D aquí.
7. Unha caixa para o xogo (opcional)
Para facer a caixa do xogo nós collemos unha caixa de empanada dunha panadaría, despois imprimimos a imaxe do xogo e pegámola na caixa.
0 notes
Photo
Lugares e elementos de Carral destacados no xogo Costa da Égoa é unha sinxela ruta de sendeirismo fluvial polo municipio de Carral. Durante a ruta percorreremos o que denominaron un eco-museo, que consta de 14 muíños de auga e unha pequena central hidroeléctrica do século XVIII no río Abelleira.
0 notes
Photo
Lugares e elementos de Carral destacados no xogo Esta pedra sitúase no Monte Xalo, é unha pedra de culto aos deuses, nela realizábanse rituais para protexerse dos temporais do Atlántico.
Conta a lenda que na noite de solsticio de verán xuntábanse nela as meigas da zona e facían unha xuntanza para decidir que tempo ía facer ao redor.
A día de hoxe emprégase para gravar unha serie galega, Serramoura.
0 notes
Photo
Lugares e elementos de Carral destacados no xogo Quinín era o cocho máis famoso de Galicia ou xa se podería dicir que de toda España, que faleceu o 11 de Novembro de 2017, con 350 kilos e 14 anos de idade.
Fíxose famoso cando, no 2008, difundiuse que se comportaba coma un can. O seu dono, Antonio Caramés, sacábao a diario a pasear polas rúas de Dumbría xunto ca cadela Tila. Obedecía todas as ordes do dono, era moi guiadiño.
0 notes