Tumgik
enterrapropia · 6 years
Text
Marcha procesional dos Mato
Os Mato eran uns gaiteiros da Coruña, de fináis do século pasado que colleitaron bastante sona na comarca.
Que millor que elexir unha peza do sitio de onde un é para volver a escribir neste recuncho do ciberespazo ;) 
O facil sería facer a peza con gaita, pero ¿Para que quitarlle festa ó asunto? ;)
Aproveitéi un novo xoguete que encarguéi fai pouco, unha frauta irlandesa en PVC que fabrica Ricard Vallina (https://www.flutesbyatube.com/) e que da un son precioso, para darlle unha voltiña a esta peza clásica do repetorio galego.
Espero que vos preste :) (e ata dentro dun ano ;) XD).
https://soundcloud.com/madaferva/marcha-procesiona-mato
0 notes
enterrapropia · 9 years
Text
Le festival du Lorient
Hoxe fai case un ano que puxen un pe por primeira vez no, coido que, festival mais importante de folk celta do mundo.
A experiencia foi impresionante: Prácticamente unha semana vendo algúns dos mellores grupos folk do planeta, alucinamos con Alaw, con BellonMaceiras, con Lúnasa, con Fred Morrison, Dave Spillane e moitísimos outros mais.
Coñecimos o fenómenos das bagadou, esas impresionantes formacións de gaita escocesa, bombarda e percusión (¡Félicitations au Bagad Cap Caval pour le championat 2015! ;)), poidemos bailar nunha Fest Noz e coñecer as gavottes, os an dro, etc..
Pero en xeral poidemos empaparnos dunha cultura tan extensa e alucinante como a Bretona: A sua música (e o respeto exquisito por ela), a sua comida, o seu modo de vida...
En xeral foi impresionante e é algo que tentaremos repetir a non tardar moito.
Para festexar ese ano déixo por aquí unha peziña tocada a xeito rápido (sen moita complicación), a peza é Orgies Nocturnes dun dos millores músicos bretóns, Dan Ar Braz, nunha adaptación que o meu mestre de gaita galega Dani Bellón fixo para este instrumento (a orixinal tócana con guitarra) e cun par de detalliños que lle sobrepusen con saxo soprano para darlle un toque mais... “moderno” ;)
https://soundcloud.com/madaferva/orgies-nocturnes-arr-saxo-soprano-david-fdez-vaamonde
A gaita en Do (granadillo) de Seivane (ronqueta en Sol) e o saxo un soprano moi básico.
A grabación: Extremadamente sinxela “á caida” cun iPad mini e Garage Band :)
Kenabo Lorient! :)
0 notes
enterrapropia · 11 years
Text
Coursera: Curso de edición dixital de música
Fai algúns meses animeime a esto dos MOCC (ou como lle chamen): Curso masivos gratuitos ofertados por varias universidades.
A verdade e que é impresionante o que se pode facer cunha cousa así, ahí ensináronme cousas sobre grabación, microfonia, fliltros, edición...
Para facer as prácticas e os traballos, optei por usar Mac e Logic Pro e para esos traballos de edición, grabei cun Ipad e Garageband para Ipad catro pistiñas sobre as que editar, son duas gaitas, requinta e bodhran (o que tiña á man :)).
Este é o resultado:
https://soundcloud.com/madaferva/mui-eira-de-poio-coursera
Non e unha maravillo, pero serviron esas catro pistiñas de audio para darlle varias voltas nos traballos.
0 notes
enterrapropia · 11 years
Photo
Tumblr media
Hoxe este proxectiño fai 3 anos de vida, e mira que hai tempo que non o actualizo. Dende que comenzou cambiaron moitas cousas, e todas para bastante millor: Cambiei de mestre gaiteiro (para bastante millor), teño máis idea de instrumentos, fixen algún curso de grabación e edición dixital e teño as mismas ou moitas mais inquedanzas das que tiña fai tres anos. E que esto da música e apasionante e infinito... que non pare!!!!
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
Pasodobre Galego (Versión Orquestal)
A xente aplaude ó final do último movemento e o director da orquesta saúda, unha vez acaban os aplausos volve á tarima e colle a batuta, xira cara un lado esperando a entrada no esceario do teatro dos solistas.
Entran en escea ,recibidos por aplausos, un home e unha muller vestidos de elegante negro con duas gaitas que saudan ó público, hinchan os foles e indican cunha seña o director da orquesta que están preparados para comezar.
O director torna cara a orquesta, fai un par de sinais de compas para que os instrumentistas teñan a referencia, volvese e fai a sinal de comezo os solistas. Unha das gaitas comeza a facer sonar o que parece un pasodobre tradicional, despois da primeira volta a segunda gaita dobla a melodia por terceiras paralelas (ó xeito tradicional), e dando a entrada o director comeza a orquesta a acompañar ás gaitas con clarinetes, trombóns, tubas, percusión ,cellos e violíns.
E soa a gaita coma un instrumento mais, sin ser mais nin menos que tódolos demais...
Esta peza se grabou igual que o pasodobre galego anterior (post anterior), pero usando instrumentos midi con samples de orquesta sinfónica, para facer a "orquestación" da peza.
"Se me colles, non me rompas, se me tocas faino ben... "
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
¿321?
Fai un par de clases o meu mestre de gaita Daniel Bellon nos propuxo na clase facer un arranxo completo dunha peza, esto incluia unha intro, variacions "elegantes" sobre o tema e unha coda como fin do tema.
Esto tamén incluía adornos, separacións de frases, estructura do tema, etc... Todo o necesario para cerrar un arranxo completo da peza.
Das duas que nos deu a escoller, eu escollín a peza Nº 321 do cancioneiro de Casto Sampedro (unha muiñeira recollida en Poio, Pontevedra). A priori non era unha peza que me gustase moito, pero era mais ou menos sinxela e tiña a oportunidade de levala ó meu terreno.
Fixen o exercicio (durante duas semanas dándolle voltas) e finalmente sai o que se escoita aquí. Como o noso mestre insistiu en que tiñamos que estudiala e sabelo e que non se podía quedar nun so exercicio teórico decidín grabala e arranxala con mais instrumentos e o que quedou foi esto de ahí arriba.
A grabación se fixo con:
- Logic Pro 9
- Focusrite Saffire 6 USB (Hai que fardar de trebellos novos ;))
E os instrumentos foron (coma sempre tocados por min mesmo :)):
- Gaita en Granadillo de David Cabuernigo (en DO).
- Clarinete en Sib.
- Bodhran, Victor Barral.
- Bouzuki
- Sample de Piano Steinway Studio.
Ai se Manuel Villanueva levantara a cabeza... ;)
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
Pasodobre Galego
Imaxinade unha carballeira chea de xente, toda ela descansado a sombra dos piñeiros, estan a xantar, a beber, a troular... quizá pola zona da Ulla, quen sabe ;)
O lonxe escoitanse o son dunhas gaitas,  "parece unha" -di a xente-, "e por coma toca parece da Coruña...". Ó sonido se lle suma unha caixa, "aaai ven acompañado", e pouco a pouco parece que melodia dobla, e outra gaita comeza a acompañar a primeira.
Os gaiteiros xa case están na carballeira, "¡Veñen tocando un pasodoble!". A xente comeza a levantarse e a achegarse con curiosidade. Son dous vellos gaiteiros, un cunha caixa e outro cunha especie de frauta que empeza a tocar, quizás se lle invitou por ser da zona.
As parellas pouco a pouco agarranse e poñense a danzar...
Este audio e a peza "Pasodobre Galego" dos Cinco de Galicia, un grupo de gaiteiros da Coruña e aprendina do meu profesor de gaita Juan Luna. E parte dun pequeno experimento "informático" que completarei en sucesivos dias, dicir coma sempre que eu son o interprete de todas as partes:
- 1ª Gaita e 2ª Gaita: Granadillo, David Cabuernigo
- Requinta: Gonzalo Caride. Pausanto.
- Caixa: Caixa clásica "tuneada" para dar un sonido mais opaco.
Que vos guste :)
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
Marcha e Jiga
Esta peza esta composta (como ben di o seu titulo), por un marcha e unha jiga, amba-las duas irlandesas. Aprendeuma o meu mestre de gaita Juan Luna.
Está grabado con Logic en Mac e tódolos instrumentos (nesta peza son poucos), foron grabados pola misma persoa.
Instrumentos:
Gaita en Do (Granadillo, David Cabuernigo).
Guitarra acústica en DADGAD. Yamaha.
0 notes
enterrapropia · 14 years
Text
Cancioneiro básico de peto (VOL I)
Era algo necesario:
Non todo o mundo sabe as cancións furancheiras (menos fora de Galicia), cando un quere cantar algo sempre á xente queda como a medias a ver que pasa sen sabe-la letra.
Se andas por ahí adiante na funda gaita ou da pandeireta con folios e as de dios, a ver como os sacas nunha repichoca.
¿Onde anda o conxuro da queimada cando fai falta? 
Por eso decidín compilar algunhas cantiguillas, algunhas das mais coñecidas e usar dun ordenador e un pouco de "origami" (papiroflexia para os non ye-yes) para poder facer un libriño axeitadiño de cantigas rollito "navalla suiza furancheira".
O aquel para doblalo esta nestas instrucions:
http://www.makingbooks.com/hotdog.pdf
E o primeiro volumen o podedes descargar eiquí:
http://www.megaupload.com/?d=B63FFOZ0
ou eiquí:
http://rapidshare.com/files/416709727/cancioneiro_peto_VOL_I.pdf
Xa me diredes se gusta ou non gusta.
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
Jota non común
Esta jota é unha composición propia ó xeito tradicional pero con algunhas variacións non moi tradicionais. E unha jota en tres partes.
Como sempre (ata o momento ;)), todos os instrumentos son acústicos e tocados pola misma persoa.
Instrumentos:
Gaita galega en Do (David Cabuernigo. Granadillo.).
Requinta en Sol (Gonzalo Caride. Pausanto).
Caixón Flamenco tocado con escobillas.
Marco de bodhran (Victor Barral) percutido con baquetas de tamboril.
Pandeireta tradicional de nove pares (Sanín).
Bouzuki en GDAD.
0 notes
enterrapropia · 14 years
Audio
O Vals de Ainsley
E un vals ó xeito escocés que atopei nunha compilación de temas escoceses, o nome orixinal é Ainsley's Waltz de ahí o nome que lle din ;)
Tódolos instrumentos son acusticos (tratados posteriormente con Logic Pro en Mac con filtros de compresión, reverb, etc...), e todos tocados pola mesma persoa ;).
Instrumentos:
Low Whistle en Re (Susato)
Shaker
Darbuka Turka
Guitarra Acústica afinada en Re abierto (DADGAD) (Yamaha)
0 notes
enterrapropia · 14 years
Text
Unha viaxe en terra propia
Non é fácil inaugurar un blogue, pero neste caso e sinxelo: Este un blogue de música, de música onde poñerei as miñas experiencias coa música galega e a celta en xeral, e toda a outra en particular.
E un blogue onde contarei os meus experimentos coa música, poñerei as miñas probas con cancións miñas, ou populares ou extraterres...
Postearei en galego ou en castelán ou en inglés se cadra. Como di o seu nome e unha viaxe por dentro da miña propia identidade, da miña música, de algo que me é familiar de fai moito tempo, pero que é un camiño que me apetece andar...
¿Canto tempo? Quen sabe, ata que me pete... :)
1 note · View note