Don't wanna be here? Send us removal request.
Text
Antes de empezar a ler este blog, queremos que sepas as valoracións que nós mesmos nos puxemos sobre o noso traballo.
Valoracións de Alex:
Julián: 6,5 ‘’Creo que traballou duramente nalgunhas sesións e merece esta nota aínda que en outras estivo un pouco despistado’’
Clara: 6,5 ‘’Aínda que se puido centrar máis, fixo bastante traballo’’
Anxo: 8 ‘’ Porque sempre traballa moito’’
El mesmo: 8 ‘’Pola duración do meu traballo e porque creo que me esforcei’’
Valoracións de Clara:
Alex: 7 ‘’Polo seu traballo na clasa e por non despistarse’’
Julián : 5/6/7 ‘’Porque traballou na clasa e foi o encargado de pasar as cousas aínda que ao principio andivo un pouco despistado’’
Anxo: 7/8 ‘’Porque aínda que faltou bastantes veces, fixo moitas entradas e traballou ben’’
Ela mesma: 6/7 ‘’Porque me esforcei e traballei’’
Valoracións de Anxo:
Alex: 7/8 ‘’Non estivo nada disperso durante as clases e fixo o seu traballo ben, a nota non é mais alta porque non se lembrou de poñer as fotos’’
Julián: 6/7 ‘’Aínda que ao principio se despistaba e traballaba un pouco a desgana, logrou facer o seu traballo con éxito, repartiu o traballo de pasar as entradas ao blog conmigo, puxo moito contenido gráfico, nese aspecto sorprendeume para ben’’
Clara: 7,5 ‘’ Centrouse no seu traballo dende o principio e mostrou predisposición a traballar . Todo ben pero tampouco lembrou as imaxes.
El mesmo: Non sería capaz de poñerme unha nota numérica a min mesmo, pero creo que me esforcei moito neste traballo e entre todos conseguimos sacar adiante o blog que tivemos que repetir. O traballo en equipo primou sobre o da persoa.
Valoracións de Julián:
Non aportou as súas valoracións.
0 notes
Text
TODODEPORTE
Boas, somos Anxo Vazquez, Alejandro Ortega, Julián Cortés e Clara Sánchez.
Neste blog falaremos de todos os asuntos relacionados co mundo do deporte:
-Anxo: Baloncesto e imaxes, entrada xeral dos deportes e imaxes da sección padel-tenis e Voliebol
-Julián: Futbol e imaxes
-Clara: Voleibol
Alejandro: Padel e Tenis.
0 notes
Text
Como xa vedes, non todo se resume a un só deporte. O deporte ten moitas variantes e esta práctica que debería ser habitual ofréceche numerosos estilos para que deixes de vivir unha vida sedentaria e comeces a gozar do teu tempo libre beneficiando tamén aos teus órganos.
Fútbol, Baloncesto, Atletismo.... Invitámoste a que escollas un ou mesmo varios, só déixate levar.
0 notes
Text
O baloncesto é un dos deportes por excelencia na nosa sociedade, o único que pode competir en número de seguidores co fútbol, a súa lóxica é moi básica, tan só hai que meter unha pelota nun cesto, mais non todo é tan fácil e sinxelo, as súas tácticas poden revirarse a niveis insospeitados, sen dúbida, un dos deportes máis fermosos do mundo.
0 notes
Text
Os mellores clubs pelexan polos máis afamados xogadores e así ascender ao Olimpo deste deporte gañando títulos que lles dean un oco na historia. As mellores ligas Europeas pelexan polo trono mundial coa NBA que segue alzando o trofeo como liga máis prestixiosa.
Todos queren xogar nesa liga, así o podemos ver en xogadores coma Mirotic, Sergio ‘el chacho’’ Rodríguez e moitos máis, deixaron a liga española para probar sorte no baloncesto americano.

0 notes
Text

Non todo se resume ao deporte americano. A liga ACB goza de gran prestixio tamén neste deporte.
O Barcelona e o Real Madrid son os equipos que gozan con mellor palmarés, pero o conxunto de equipos competitivos nesta competición é moito maior, así o demostran conxuntos coma ‘’Unicaja’’ ‘’Baskonia’’ ‘’Joventut’’ ‘’Estudiantes’’ ou mesmo o Obradoiro, de Santiago de Compostela que actualmente é o único representante galego e loita por conservala categoría e non descender á división de prata.
0 notes
Text
O Obradoiro, de Santiago como xa dixemos é un club histórico no baloncesto. O seu nome completo é Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto e foi fundado no ano 1970. Pouco despois, conseguiu o ascenso no ano 1982. O Obradoiro leva xogadas 10 temporadas na primeira división. Oito delas consecutivas, dende 2011 mantívose na división de ouro. Algúns dos seus mitos máis coñecidos son Alberto Corbacho, Pepe Pozas ou Rafa Luz.
O seu adestrador actual é o mítico Moncho Fernández, que leva o equipo dende o 2010. Con el, o Obradoiro conseguiu a súa mellor racha de partidos gañados.
Cabe destacar que no ano 2016, o equipo conseguiu xogar a copa do rei debido a exercer de anfitrión. Ese ano o torneo disputouse na Coruña.

0 notes
Text
O outro equipo máis coñecido na nosa terra é o Basket Coruña. Fundado no ano 1996, este, non gozou de tanto éxito polo que se viu relegado a un segundo plano no eido do baloncesto. Actualmente disputa a LEB dende o 2012 despois de pasar uns cantos á sombra. En numerosas ocasións xogou os playoffs de ascenso á ACB pero por desgracia non logrou acadar o obxectivo. O seu adestrador dende 2017 é Gustavo Aranzana.
No ano 2004, acadou un posición para disputar as eliminatorias de ascenso pero non puido xogar por problemas administrativos. Por iso, chegaron a un acordo de fusión co club Atlántico Coruña Baloncesto.

0 notes
Text

A NBA está composta por 29 equipos. Como xa dixemos, é a competición máis prestixiosa. Estes equipos divídense en dúas conferencias, a do Este e a do Oeste, á súa vez, as conferencias organízanse en divisións.
Dentro da conferencia Este encóntramos as divisións, do Atlántico, a división Central e a do Sureste. Os equipos máis coñecidos que xogan nesta conferencia son os Chicago Bulls, Cleveland Cavaliers, os Celtics de Boston e os Raptors de Toronto.
Na conferencia do Oeste distinguimos a división do Suroeste, do Noroeste e do Pacífico. Nesta conferencia os equipos máis importantes son os Lakers, Golden State Warriors, Oklahoma, Minnesota Timberwolves, Spurs e Memphis Grizzies.
Na conferencia Este como xa dixen destacan os Chicago bulls e os Cleveland Cavaliers por riba dos demais. Estes equipos adoitan estar sempre nos Play offs e os seus xogadores forman parte dos mellores drafts da NBA
Na conferencia Oeste destacan equipos como LA Lakers, Warriors, Oklahoma spurs etc.
Os lakers son o equipo histórico do xogador hispano Pau Gasol que xogou dende o 2001 ata o 2008 no Memphis Grizzlies pero que foi máis coñecido se cabe tras o seu paso polos Lakers.
0 notes
Text
Voleibol
Voleibol:
O Voleibol é un deporte dun balón xogado por 12 persoas en dous equipos de seis cada un. Neste deporte o balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado, retido ou acompañado. Cada equipo dispón dun número limitado de toques para devolver o balón cara ó campo contrario. A esfera golpéase principalmente cas mans ou brazos, pero tamén pode ser golpeada con calquera outra parte do corpo. Unha das características do voleibol é que os xogadores teñen que ir cambiando as súas posicións a medida que consiguen novos puntos.
Foi creado en 1895 por William G. Morgan. Daquela era director de Educación Física no YMCA de Holihoke, no estado de Massachusetts (Estados Unidos), e establecera, desenvolvera e dirixira, un amplo programa de exercicios e de clases deportivas masculinas para adultos.
Morgan decatouse de que precisaba algún xogo de entretemento e competición á vez para variar o seu programa, e sen dispoñer máis que o baloncesto, creado catro anos antes (1891), botou man dos seus propios métodos e experiencias prácticas para crear un novo xogo. As regras iniciais e os conceptos de base foron establecidos: a `Mintonette´; primeiro nome co que se lle bautizou, viñera de nacer.
O nome de `Mintonette´ seguiu vixente ata que o doutor A.T. Halsted, en Springfield, despois de observar o novo deporte, suxeriu que o seu nome fose mudado de `Mintonette´ para voleibol, tendo en conta que a idea básica do xogo era xogar a bóla dun lado para o outro, por enriba da rede, cas mans.
REGRAS DO XOGO:
O campo onde se xoga ó voleibol é un rectángulo de 18 m de longo por 9 m de ancho, dividido na súa liña central por unha rede que separa ós dous equipos. En realidade, o xogo desenvólvese tamén no exterior, na zona libre, a condición de que o balón non toque o chan e tampouco ningún outro elemento. A zona libre debe ter polo menos 3 m, medida que en competicións internacionais é aumentada a 5 m sobre as liñas laterais e a 8 m para as liñas de fondo. O espazo libre sobre a pista debe ter unha altura mínima de 7 m que en competicións internacionais sobe a 12,5 m.
A 3 m da rede, unha liña delimita en cada campo a zona de ataque, zona onde atopánse restrinxidas as accións dos xogadores que se atopan nese momento en papeis defensivos . Estas liñas, esténdense ata o exterior do campo con trazos discontinuos, e a limitación que representan proxéctase igualmente en toda a liña, incluso máis aló dos trazos debuxados. Todas as liñas teñen 5 cm de ancho.
O contacto dos xogadores co chan é continuo, utilizando habitualmente proteccións nas articulacións. A superficie non pode ser rugosa.
MELLORES XOGADORES:
-Gilberto Godoy Filho
-Wilfrido León
-Ivan Zaystev
1 note
·
View note
Text
Tenis e Padel
O pádel é un deporte de raqueta de orixe mexicano. Se xoga en parellas e consta de tres elementos fundamentais para o seu desarrollo: a pelota, a pala e o campo de xogo ou pista. Pose regras ben definidas e está representado por diferentes federacións e asociacións. Ten popularidade en México, Arxentina, Brasil, España, Canadá, Estados Unidos, Paraguay, Uruguay, Chile, Reino Unido e Portugal, e certa aceptación en países como Alemaña e Emiratos Árabes. El Word Padel Tour (WPT) é o circuito mundial máis importante, xunto cos campeonatos mundiais.
Este deporte foi inventado en Acapulco, México, por Enrique Corcuera hacia 1962.
Durante 10 anos o pádel foi coñecido polos poucos que veraneaban en Acapulco e visitaban ao Señor Corcuera, xogaban en casas de amigos, ou eran socios do Club Tortugas en Mar do Plata, Argentina (hacia onde o pádel foi levado polos veraneantes arxentinos dos lugares antes mencionados).
Pero tivo gran impacto nos anos 80's en Arxentina impulsado por xogadores da talla de Alejandro Lasaigues, Gatikker, Sanz, Novillo, Cubas, etc. Tras a súa popularidad en diversos países americanos construíronse federacións de pádel en Arxentina (1988), México (1991), Uruguay (1991), Paraguay (1992), Estados Unidos (1993), Canadá (1993), Brasil (1994) á par de súa difusión en países de Centroamérica.
O pádel e o tenis son dous deportes íntimamente relacionados nos que visualmente o xogo é similar, pero quitando o sistema de puntuación que sí é o mesmo, as diferencias entre pádel e tenis son varias:
– A pista: as pistas de pádel teñen un tamaño menor que as de tenis, e o elemento de diferenciación máis destacado é que están rodeadas de paredes coas que se xoga durante o xogo.
– O chan da pista: a superficie das pistas de pádel son de materiais sintéticos, césped artificial e hormigón. Ademáis, teñen unhas características de iluminación ligadas ao regramento. O chan das pistas de tenis é de herba, terra ou asfalto.
– Pala Vs Raqueta: as palas de pádel son máis pequenas que as raquetas, pero teñen un peso superior (a pesar de ser moi lixeiras tamén). Están formadas por unha superficie dura con buratos, en vez de cordas como no caso das raquetas.
– As pelotas: aunque a simple vista parece que as pelotas de xogo son iguais en ambos deportes, existen una serie de diferencias entre as pelotas de pádel e tenis asociadas ás características de cada deporte.
– Regras: unha das diferencias máis importantes entre pádel e o tenis en cuanto á maneira de xogar está no saque. O saque en pádel se realiza obligando a dar un bote previo á pelota, que non pode superar a altura da cadeira, para ser golpeada ata o outro campo.
Pola súa parte, o saque no tenis se realiza tirando a pelota en alto e golpeándoa no aire antes de que bote. Por suposto, tamén destaca que no pádel as paredes da pista son un elemento máis do xogo.
O pádel é un deporte cunha técnica máis sencilla ca do tenis, este é un dos motivos polos que se ha convertido nun deporte máis popular que o tenis e practicado por moita xente a nivel profesional.
Medidas da pista de pádel:
As medidas dunha pista de pádel oficial deben ser sempre as mesmas. O regramento especifica que a área de xogo debe medir 10 metros de ancho por 20 de largo no seu interior.
De esta maneira, cada metade de pista é un cuadrado perfecto de 10×10 metros.
Ambas metades deben ser perfectamente simétricas en canto ás superficies e trazado de líneas.
Entre a parede e a línea de saque hai 3 metros de distancia.
Cada línea ten un ancho máximo de 5 cm e deben ser de cor claro (normalmente brancas), fácilmente distinguibles da superficie.
As pistas están cerradas por catro paredes cunha altura mínima de 3 metros cada unha.
As paredes laterais poden ser rectangulares de tres metros de altura e catro metros de lonxitude en escalón (tipo europeo).
Fondos dunha pista de pádel:
Ao menos deben contar con catro metros de altura.
Poden ser de parede, cristal ou plástico.
O regramento permite que os tres primeiros metros sexan de calquera dos materiais mencionados anteriormente e, o último, sexa unha valla metálica.
As medidas regramentarias dunha Pista de Tenis son:
Lonxitude: 23,77 metros
Ancho para partidos individuais: 8,23 metros.
Ancho para partidos de dobres: 10.97 metros.
A zona de xogo necesita ter tamén un espazo adicional aos lados e ao fondo, para poder alcanzar as pelotas en xogo máis alá dos límites da pista, debendo ser:
Espacio lateral: Igual ou maior a 3,65 metros e en torneos con regramento internacional 4 metros.
Espazo de fondo: Igual ou maior a 6,40 metros e en torneos con regramento internacional 8 metros.
O tenis xógase nunha superficie lisa e existen cinco tipos básicos de superficie nas cales se xoga ao tenis, pero so as catro primeiras son de uso xeral:
- Césped ou herba .
- Terra batida .
- Cemento .
- Sintética de interiores.
- Madeira.
Famosos no mundo do tenis:
Rafa Nadal.
2005: Primeiro Roland Garros.2006: Segundo Roland Garros.2007: Terceiro Roland Garros.2008: Dous Grand Slam, medalla de ouro Olímpica e número 1.2009: Aberto de Australia e primeira derrota en Roland Garros.2010: Regreso ao número 1 e Golden Slam en Carreira.2011: Sexto Roland Garros.2012: Sétimo Roland Garros.2013: Oitavo Roland Garros, segundo Aberto de EE. UU. e regreso ao número 12014: Noveno Roland Garros e problemas coas lesións.2015: Seguen as lesións e caída no ranking.2016: 28º Masters 1000 e segunda medalla de ouro Olímpica.2017: Décimo Roland Garros, tercer Aberto de EE. UU. e regreso ao número 1.2018: Undécimo Roland Garros e final de ano con lesións.2019: Quinta final no Aberto de Australia.
Euros-Ganancias
8.182€-Hora
196.000€-Día
5.891.000€-Mes
70.700.000€-Ano
Federer
1998-2000: Inicios como profesional2001: Primeiro título ATP.2002: Primeiro Masters 1000 e Número 6 do mundo.2003: Consolidación e primeiro Wimbledon.2004: Número 1 do mundo, Tres Grand Slam e segundo Torneo de Mestres2005: Terceiro Wimbledon e segundo Aberto de EE. UU.2006: Segundo Aberto de Australia, cuarto Wimbledon e terceiro Aberto de EE. UU.2007: Terceiro Aberto de Australia, quinto Wimbledon e cuarto Aberto de EE. UU.2008: Medalla de ouro olímpica, quinto Aberto de EE. UU. e pérdida do número 12009: Grand Slam carrera e 15° major2010: Cuarto Aberto de Australia2011: Sexto torneo de Maestros2012: Sétimo Wimbledon, medalla de plata en Londres e regreso ao número 12013: Lesións e caída en el Ranking2014: Campeón de Copa Davis2015: 24° Masters 1000 e mil vitorias como profesional2016: Saída do Top 10 despois de catorce anos2017: Rexurdimento, quinto Aberto de Australia e oitavo Wimbledon2018: 20° Grand Slam e regreso ao número 1 despois de seis anos.
Ganancias-Euros
Día- 265.146,37€
Semana- 1.325.731,84€
Mes- 5.744.838,00€
Ano- 68.938.056,00€
1 note
·
View note
Text
FÚTBOL
-Dentro desta sección imos falar sobre un exclusivo deporte tanto feminino e masculino coma pode ser o fútbol.
Imos empezar polo fútbol feminino, como pode ser a fase de ascenso do Deportivo Abanca da Coruña, o que se mete no play off para o ascenso cara á liga Iberdrola, no que se enfrentan diferentes equipos de élite coma o Barcelona, Atlético de Madrid, Betis… As mulleres do Depor, teñen que enfrentarse ao Alhama de Murcia o 27-28 de Abril e a volta o 4-5 de Maio
e no caso de gañar esa eliminatoria, enfrentaríanse contra o gañador do partido canario da outra eliminatoria, e xogaríase a ida o 11-12 de Maio e a volta o 18-19 de Maio.
Ao Deportivo Abanca quédalle un só partido para ascender a Liga Iberdrola.
A mañá do 12/05/19 gañou ao Femarguín das Illas Canarias tras un 2-0 para o equipo branquiazul, a volta do partido se xogará o vindeiro domingo 19/05/19 nas illas peninsulares, desexamos toda a nosa sorte as rapazas do equipo da nosa cidade.
COMPETICIÓNS EUROPEAS:
Hoxe imos falar sobre as semifinais da Uefa Champions League, onde quedaron eliminados o FC Barcelona, e o AFC Ajax de Amsterdam.
Para os culés, que se rían da eliminación do Real Madrid, completo inimigo, resultou o karma´´ o protagonista de todo o sucedido en Anfield, un gran muro para calquera equipo que intente gañar alí, xa que ningún equipo conseguíuno en toda a temporada, paraceu ser, que o D10S´´ do fútbol non chegou a aparecer no terreo de xogo,tampouco o equipo en xeral estivo de cara a portería moi acertado, xa que apenas na segunda parte chegaron a tirar, as poucas veces que tiraron, encontrábanse co cancerbeiro dos ``Reds´´, Don Alisson Becker, ocal salvou dalgunhas ocasións ao Liverpool de Jürgern Kloop.
Lionel Messi, o 10 culé Mohamed Salah, o 11 dos diablos vermellos
Por outro bando os Spurd e o Ajax, onde o partido se xogou ata o último minuto onde Lucas Moura, metera o seu tercer gol nese partido e metera ó Tottenham na súa primeira final da Uefa Champions League dende que se fundou, desta maneira deixou á revelación da competición ás portas da gran final do campionato cos xogadores máis xovenes que chegaran ás semifinais da Chamions, cunha media de 22 anos entre todos os xogadores, tendo en conta, que o capitán De Ligt, contén 19 anos, parecía que as eliminatorias desta competición iban tratar de remontadas históricas, e así foi estas semifinais europeas.
A esquerda, Christian Eriksen e a dereita Dusan Tadic
Na Uefa Europa League, enfrentaránse:
Chealsea FC-Arsenal CF
E na Uefa Champions League:
Tottenham Hotspur- Liverpool FC
Nas que as dúas finais europeas, enfrentáranse os 4 equipos británicos.
-Internacional:
O equipo de baloncesto estadounidense Philadelphia 76ers comprou o equipo procedente de Madrid, o Alcorcón, con capitán Laure, o ex do Deportivo da Coruña.
O prezo non ha sido revelado aínda, o que se sabe é que Joshua Harris, actual propietario dos 76ers, fixo acordo co belga Roland Duchatelet, dende 2014. O estadounidense Harris posúe unha fortuna maior a 3000 millóns de dólares.
Presidente dos 76ers Philadelphia, Joshua Harris.
-Atlético de Madrid:
Noticia da última hora.
Antoine Griezmann decide a falta dun mes de facer un ano da entrevista onde dixo que quería quedar no club para anunciar a súa retirada do antigo Atlético Aviación, o 14 de Xuño anunciou pola televisión que quería estar un ano máis co Cholo e ca plantilla. Non se sabe o rumbo cara outro equipo, seguramente sea o equipo culé do que se falou o verán pasado, pero este 14 de Maio, decidiu o contrario, decidiu abandonar o Atleti.
Antoine Griezmann.
Uefa Europa League:
Tras esperar varias semanas á final da Europa League os campións das finais son: o Chelsea e o Liverpool.
O Chelsea proclamouse campión da Europa League tras o triunfo ao Arsenal dunha clara victoria vantaxosa de 4-1 para `os Blues’.
O club londinense Chelsea.
A CHAMPIONS LEAGUE:
Nunha competición máis exclusiva onde se median os mellores equipos a nivel de Europa, saíu victorioso tras eliminar ao Barcelona en semifinais tras unha pérdida de 3-0 no campo culé, mais no campo londinense apareceu unha das remontadas históricas da competición, o xogador neerlandés Georgino Wijnaldum volvéuse pesadelo pra o Barcelona ao lado do seu compañeiro Divock Origi, o belga rematou por sorpresa o xogo no 88’.
Desta forma o Liverpool pasou a final gañando por 2-0 ao Tottenham Hotspur, con goles de Salah e Origi.
O Liverpool arrebatando a copa de Europa ao tricampeón do continente, o Real Madrid, tras 1011 días sendo campión do continente!.
1 note
·
View note