prazateatro
prazateatro
Untitled
4 posts
Don't wanna be here? Send us removal request.
prazateatro · 4 months ago
Text
Tumblr media
FANZINE do COMANDO DRAMATÚRXICO do XI festival ESCENAS DO CAMBIO 2025
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
0 notes
prazateatro · 4 months ago
Text
Tumblr media
FANZINE DO COMANDO DRAMATÚRXICO do XI festival ESCENAS DO CAMBIO 2025
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
0 notes
prazateatro · 6 years ago
Text
AFOGAR A ESPERA, EN OCÉANO SEN ROSTRO, UNHA VIDEOCREACIÓN DE MERCHE PÉREZ E J. PABLO PINTOR. Por Ana Abad de Larriva
Tumblr media
A historia dunha muller atrapada nunha illa baleira que, esgotada de agardar algo que non chega, acabará enfrontándose á súa propia realidade. Así preséntase Océano sen rostro, unha peza de videocreación de Merche Pérez e J. Pablo Pintor, a través de Corvidae Producciones, que se estreou o pasado xoves 25 de abril de 2019 no salón de actos do IES Audiovisual de Vigo (EAV), tendo unha moi boa acollida por parte das persoas asistentes. A curtametraxe, en branco e negro, destaca pola poesía visual das imaxes e pola expresividade que cobra o corpo da actriz, Merche Pérez, así como pola forte relación que se establece entre as accións que esta desenvolve, os estados polos que pasa e o son do mar, da música e da voz da intérprete, que só xorde para cantaruxar “Quen poidera namorala”, fronte á ausencia total da palabra.
Tumblr media
Océano sen rostro ten un punto moi vangardista e resulta moi interesante o tratamento do tempo, ao crearse unha certa atemporalidade pola escolla do branco e negro e a simplicidade no uso de elementos escénicos, e tamén ao producirse unha interesante distorsión temporal mediante o efecto glitch con lixeiras repeticións das accións, reforzado pola música futurista e o propio son do mar. Todo isto contrasta coa linearidade narrativa da trama que, á súa vez, por todos eses recursos e pola poesía das imaxes, permite diferentes lecturas e sensacións por parte de cada espectadora ou espectador. Resulta tamén moi atraente o espazo e como actúa e interactúa a muller con esa praia arredada do mundo exterior, destacando a forza visual do elemento da rede e as diferentes significacións que evoca.
Como explicou Pérez no coloquio posterior á proxección da curtametraxe, hai un traballo previo moi importante de composición da dramaturxia da peza a partir dunha serie de referentes: os poemas de Manoel Antonio en De catro a catro; diferentes personaxes femininas, mitolóxicas como Calipso, as Moiras... e tamén Ofelia; o traballo de Rudolf von Laban arredor das accións básicas do esforzo; as cantigas tradicionais... Pérez, actriz, coreógrafa e bailarina, partiu das artes escénicas para crear esta peza, e foi en colaboración co fotógrafo J. Pablo Pintor que a foi adaptando á linguaxe audiovisual. De feito, ela comentou que o xermolo da peza fora unha coreografía montada anos atrás na Escola Superior de Arte Dramática —ESAD— de Galicia, que tamén incorporaba o elemento da rede, e como, co tempo, sentiu a vontade, a necesidade de que esa rede saíse do espazo teatral e volvese ao seu espazo de orixe: o mar. A presenza deste é, así mesmo, moi importante, ao igual que a paisaxe da praia e todos os elementos naturais e climatolóxicos cos que interactúa esa personaxe sen nome, por veces sen rostro, como o océano.
Tumblr media
A actriz compartiu tamén que a súa interpretación, a súa visión da peza, era a dunha muller que vive nun espazo afastado, ausente doutra realidade, no que crea o seu propio mundo, esperando que algo chegue e soñando cousas que desexa e, ao mellor, non pode ter. Vendo que leva moito tempo loitando por elas e non chegou nunca a conseguilas, cansa da rutina, do abandono, do deterioro... xa non pode máis e toma unha decisión entre seguir así toda a vida ou buscar a súa liberdade. A vida, no seu decorrer, marcada tamén polo son e o movemento das ondas que baten contra a praia, e no diálogo físico interior e exterior da protagonista, ten moito peso na creación, que posúe un certo toque existencialista. Ao igual que a protagonista da curtametraxe, esgotada de agardar, decide tomar unha decisión e lanzarse a por todas; Océano sen rostro é un exemplo dun traballo de gran calidade levado a cabo sen medios, froito do esforzo e dunha grande paixón pola creación artística e de non querer seguir agardando ou dependendo da aparición de apoios externos para materializar aquilo que bulía dentro. Trátase, en palabras de Pérez, de romper coa “angustia constante, desesperante, de agardar algo que non chega”.
É moi interesante tamén o punto de vista de J. Pablo Pintor, que explicou como foi o proceso técnico de obter un material teatral, completamente alleo a el e aos seus referentes, e como trasladalo á linguaxe audiovisual a través da conexión, do diálogo coa actriz e creadora escénica. Tamén falou dos retos que houbo en canto a que se trataba dunha peza na que a protagonista executaba partituras corporais con moito movemento, e empregaba un elemento que tamén se movía moito..., de todos os imprevistos de estar nun espazo natural público, e de como todo isto xeraba toda unha serie de variables ás que se tiveron que enfrontar. Compartiu, ademais, como tivo que acabar case bailando el tamén para acompañar coa cámara o movemento da actriz e bailarina.
Merche Pérez avanzou que xa ten presente un novo proxecto no que fará o proceso inverso: en vez de trasladar a creación escénica ao audiovisual, quere volver ao teatro e trasladar a creación audiovisual á creación escénica. Porén, Océano sen rostro vén de comezar a súa ondada e ten previsto un amplo percorrido por diferentes festivais e a presentación en diferentes puntos da xeografía galega. Resultou moi interesante no acto de estrea da curta a relación co escénico, mediante a presenza de música en directo —nesta ocasión, a través da actuación do grupo de música folk Andoa—, algo que tamén prevén manter nas próximas proxeccións da curta.
Tumblr media
*As imaxes son de Corvidae Producciones.
** Ana Abad de Larriva é licenciada en Xornalismo e titulada superior en Arte Dramática.
Supervisión e coordinación: Afonso Becerra de Becerreá.
0 notes
prazateatro · 9 years ago
Text
O TEATRO É A ARTE SUBLIME
MANIFESTO DA ESAD DE GALICIA NO DÍA MUNDIAL DO TEATRO. 27 DE MARZO DE 2016
 Desde a ESAD DE GALICIA queremos reivindicar un teatro de calidade e con denominación de orixe protexida!
Queremos reivindicar o teatro como servizo público.
Queremos reivindicar o teatro como profesión necesaria nunha sociedade civilizada e xusta.
Por tanto, defendemos a importancia dunha formación regulada, nunha escola pública cos recursos necesarios para desenvolver ao máximo as potencialidades desta arte.
Defendemos os criterios humanísticos e artísticos, por riba dos criterios cuantitativos e mercantís.
A ESAD DE GALICIA quere sumarse ás reivindicacións das asociacións sectoriais do teatro galego para reivindicar a arte das artes, a arte máis sublime de todas as artes: o teatro.
Propoño unha demostración brincadeira de por que o teatro é a arte máis sublime de todas as artes, máis que a literatura, máis que a pintura, máis que a escultura, máis que a música, máis que o cinema… Éo porque o teatro, ademais de empregar a literatura, a pintura, a música…, sitúa como obxecto artístico a persoa, co corpo, o movemento, a voz, as luces e as sombras do humano en movemento, de maneira más literal ou máis metafórica, enriba do palco.
O teatro suscita emocións igual que o deporte rei, o fútbol, pero, ademais, move pensamentos. O teatro pode contar historias e abordar mitos, igual que a novela ou o cinema, pero faino desde a síntese explosiva da vivencia empática en directo. O teatro pode xerar poesía enriba da escena, cunha alta dose de polisemia ou incluso, alén da semántica, poñer diante ou entre nós o inefable, o inenarrable. O teatro pode xerar cadros pictóricos dinámicos e animar volumes escultóricos cun magnetismo sen igual.
É certo que a boa literatura esperta en nós imaxes e prodúcenos unha vivencia enriquecedora, non obstante o teatro é, en si mesmo, experiencia e vivencia sublimadas.
O teatro é danza e música, no teatro aválanse pensamentos e emocións. Pero, ademais, actívase esoutra comunicación alén do racional, esoutra química na que pesan os valores intuitivos da percepción directa e interactiva, esoutra comunicación na que as miradas e os corpos, coas súas texturas enerxéticas, cos seus temperamentos, entran en relación.
Celebramos o teatro, porque o teatro é a celebración do humano, na súa dimensión máis lúdica, política, filosófica e artística.
 Afonso Becerra de Becerreá.
Tumblr media
0 notes