Tumgik
#abstracció
tatmanblue · 1 year
Video
Arquitectura XI / Architecture XI.
flickr
Arquitectura XI / Architecture XI. by Ximo Rosell Via Flickr: Alzira
4 notes · View notes
juliaridulaina · 8 months
Text
✨ Un minut de meravella!✨A minute of marvel!✨¡Un minuto de maravilla!
Un minut de meravella! PUNT: Hi pot haver un gran benefici recordant a Déu, el Pare, Baba, encara que només sigui un minut. Però aquest minut ha de ser totalment en concentració, totalment abocat al pensament de Déu.., per això potser estarem uns minuts preparant el cos per la calma, després preparant la ment per la calma i després.., potser tindrem un minut de intensa meravella, de record,…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
praza-catalunya · 5 months
Text
Os territorios primordiais de Dominica Sánchez
As artes son eses eidos humanos non de primeira necesidade, pero que tanto cómpren para vivir. É complexo aproximarse ás creacións de calquera persoa, máxime cando é coñecida a súa traxectoria de traballo e loita. As obras de Dominica Sánchez, son abstraccións de pura recreación figurativa? Aproximarse aos debuxos de Sánchez devén o reto de adiviñar onde acaban as emocións e onde principia a reflexión intelectual. Dominar espazos? Procurar as esencias?
Lito Caramés
Tumblr media
D. Sanchez, sen título
DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers. Espai Guinovart. Procurar as bases, os alicerces
La seva abstracció lírica -que sembla realitzada a partir d’un fred constructivisme d´ordre arquitectònic- és el resultat d’una actitud retrospectiva que formula correspondències vivencials. La gran característica de l’obra de Dominica Sánchez ha estat i és la de cercar el fonament, mitjançant una poètica de mínims, amb una total mesura i exigència. (Conxita Oliver, comisaria).
Pódese afirmar que a vila de Agramunt está presidida polo emblemático Espai Guinovart, ese edificio (e praza) co que o concello homenaxea a un dos seus ilustres veciños, o artista Josep Guinovart. Agora nos espazos dedicados a Ginovart -e nestes finais de 2023 e comezos do 2024- está exposta obra dunha recoñecida artista: DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers. Son creacións da última década, por tanto pezas de madurez, de fonda reflexión. A exposición está comisariada pola activista cultural Conxita Oliver, muller farto coñecida como responsable doutras mostras (mesmo unha de J. Guinovart nas salas da Fundació Vila Casas) e como responsable de espazos culturais.
Dominica Sánchez (Barcelona, 1945) leva décadas expondo por España, Europa e América. As creacións de Sánchez procuran o rumbo da espiritualidade, da abstracción. Ao contemplar as súas pezas, veñen aos miolos figuras como Kandinsky, ou Julio González, ou Jorge Oteiza. Ou poida que non. Quizais Sánchez o que fai é ir por vieiros propios, vieiros parellos aos de tantas e tantas outras artistas ata hai ben pouco silenciadas, desprezadas. As capacidades desas mulleres puidéronse ver na mostra Mujeres de la Abstracción. Os debuxos de Sánchez derivan de esforzos reiterados, da poética elaboración que se atreve a representar universos sobre papeis, con ollares dirixidos ao conceptual máis alá. Como di o poeta Leopardi no seu canto L’Infinito trátase de confrontar a inmensidade da existencia: Ma sedendo e rimirando, interminati / Spazi di là da quella, e sovrumani / Silenzi, e profondissima quiete / Io nel pensier mi fingo. Na actual exposición Espais fronterers están presentes debuxos de abstracta figuración e tamén esculturas: un medio de expresión artística derivado dos traballos en papel. (Actualmente nos xardíns da Fundació Vila Casas hai unha escultura monumental desta artista). Nos traballos de Dominica Sánchez, a atenta mirada descubre formación técnica (adquirida na Llotja, con xuventude), profesionalidade artística, sen esquecer que -ao tempo- a artista compórtase como unha artesá. Sobre a ampla mesa debuxa co lapis carbón (sobre papeis de grandes dimensións), risca vigorosas liñas que se entremeten con espacialidades, como se estivese deseñando un vestido; dobra cartóns en volumes e dimensións lixeiras (que logo pasará a ferro) por querenzas co autor dos Apóstolos de Arantzazu, o que se pelexaba coas inmensidades. E todo iso execútao coa seguridade de quen andase a reproducir elementos naturais que observou nos seus paseos por Calella. A importancia das manualidades.
¿Convirá Dominica Sánchez -a carón de Oteiza ( Teomaquias)- que: busco mi ventana hacia lo oscuro / cavidad esa hacia mi nombre / en lo invisible de la noche?
Tumblr media
D. Sanchez. sen título  (1)
DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers. Territorios
D’on surten aquestes formes naturals que la pintora (Dominica Sánchez) organitza amb un tan perfecte equilibri i musicalitat? Potser no totalment de la seva imaginació, perquè hi trobo al·lusions al món natural. Als meus ulls són un seguit de “paisatges interiors” (Maria Lluïsa Borràs, Paisatges íntims i espirituals, 2002).
Vai para dous anos que as impactantes e sinceras creacións de Dominica Sánchez puidéronse ver nas salas da galería Artur Ramon. Alí estaban as obras sabedoras do seu maduro equilibrio entre formas e cores, apostando por volumes rematando gradacións de texturas. Foi unha ocasión excelente para poder ler, tamén, a lúcida crítica que Maria Lluïsa Borràs lle fixera a Sánchez xa no ano 2002. É dicir, a traxectoria desta muller artista, loitadora, inconformista co rol que o patriarcado lle podía ter preparado, vén de lonxe; unha corredora de fondo, imparable. Tanto nos escritos de Conxita Oliver como no de Maria Lluïsa Borràs (ámbalas dúas comisarias de presentacións públicas de obra) hai coincidencias. Trátase de creacións moi persoais, nadas de traballos sinceros e metódicos, que se envolven en poéticos trazos para deseñar espazos xurdidos de introspectivas olladas. Veñen sendo liñas de banda sonora primaria, de pretendida simplicidade e difícil concreción. Sánchez comeza a definición dos seus mundos co baile do lapis carbón por riba dos extensos papeis para así celebrar o ritual das caligrafías que abren as portas de espazos de seu. Esas liñas curvas, propensas ao círculo, reiteradas, nacen das loitas interiores, da sabedoría que conceden os tempos dedicados ao descubrimento de certezas creadoras. (No filme Ying Xiong, de Yimou, o protagonista traballa caligrafías coa pretensión de atopar unha nova verba que fdefina con máis precisión o concepto “espada”).
Visitar agora DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers (Espai Guinovart) é unha viaxe a lugares onde habita o fundamental, a austeridade. Sánchez ofrece -sen circunloquios, sen atallos- aquilo que é primordial, definicións espirituais. Os papeis de Sánchez son abstractos na súa concepción?, nas combinatorias de si mesma cos espazos, cos tempos? Todo proceso creativo (xa literario, xa plástico, por non falar da música) require un esforzo intelectual de abstracción. Un haiku, unha composición musical, son froito de abstraccións. Simplificación e espiritualidade, natureza e sinteticidade. Neses Espais fronterers é doado atoparse cos poucos elementos precisos para definir realidades propias. Espazos fronterers que xusto limitan cos karesansui xaponeses, coas ordenacións que brindan a posibilidade de entrar nos segredos da quietude, das esencias.
Debuxar espazos tan rituais é ilustrar unha autobiografía.
Preguntada a artista sobre os motivos que a levan a comezar a describir liñas con lapis carbón sobre a inquietante superficie branca, responde que o papel é un espazo onde se atopa ela mesma con lugares onde habitar, ou polos que transitar. Espazos que a remiten a lembranzas de infancia e xuventude. Ao riscar curvas e rectas sobre o espazo-papel establécese unha loita entre a capacidade de dominio deses territorios e a necesidade de fuxir deles. Así, pois, os vigorosos trazos deveñen a sucesión de puntos por onde fuxir do cárcere, das fiestras que pechan espazos; dos vidros que definen tempos. Posteriormente, Sánchez irá precisando que superficies servirán de refuxios, de luz e opacidade, ao delimitar lugares coas cores planas e deste xeito avivar o movemento entre os baldeiros, entre sensualidades.
Os traballos de Dominica Sánchez, xa escultóricos, xa deseñados, teñen querenzas polas feituras artesanais, o traballo manual. Debuxar, cociñar: dous xeitos de representar universos.
Tumblr media
D. Sanchez. s.t. Escultura
DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers. Carbón e Pastel. Figuración
O xenio masculino nada ten que temer do gusto feminino. Deixemos aos homes de xenio concibir grandes proxectos arquitectónicos, esculturas monumentais e elevadas manifestacións pictóricas. Que os homes se ocupen de todo o que ten que ver coa arte. E que as mulleres se dediquen a aquelas ramas que sempre cultivaron como o pastel, os retratos ou as miniaturas. Ou a pintura de flores… (L. Lagrange, Du rang des femmes dans l’art. “Gazette des Beaux-Arts”, 1860).
É ben coñecido o agochamento e desprezo que a sociedade patriarcal dispensou aos traballos das mulleres nas artes (coma noutras áreas dos quefaceres humanos). Entre outros “delicados tratamentos” cara ás mulleres están as concepcións que expón o señor Lagrange no parágrafo anterior: onde estea o xenio masculino as mulleres non teñen nada que facer (o xenio masculino é quen de alumar grandes homes, grandes artistas, como Picasso?).
Baixando a técnicas artísticas e materiais empregados, hai abondas razóns exhibidas polo patriarcado que reducen o uso do pastel a unha técnica “propia das mulleres”: o pastel trabállase mormente en pequenos formatos, en papel, con cores en barras (que son máis baratas cos óleos) e xa preparadas. Que os temas preferidos para representar con pastel son os retratos, feitos na propia casa (sen necesidade de modelos espidos aos que hai que pagar). Que esta actividade “doméstica” non precisa profesionalización, e non compite coa pintura ao óleo (a que ten prestixio). E, de venderse, os prezos das obras elaboradas con pasteis son moito máis baixos.
No ano 2019 a Fundación Mapfre ofreceu en Barcelona unha exposición única: Tocar el color. La renovació del pastel, un cento de obras moi delicadas para gozo dos sentidos. E a artista Dominica Sánchez utiliza o pastel como un dos materiais cos que elabora os seus vieiros por territorios, polas corredoiras dos seus sentires e mais itinerarios vitais. Emprega os pasteis como reivindicación femininista: xa que este é o material que o patriarcado consinte que empreguen as mulleres artistas, utilízase como espada de combate. Do mesmo xeito, Georgia O’keffee decidiu pintar flores (aquel tema que semellaba estar reservado para brinquedo das damas da burguesía). E O’Keffee escribiu: se pinto as flores pequenas ninguén as mirará, (...) Así que pensei, pintareinas como inmensos edificios.
E Dominica Sánchez emprega as cores de pastel, non como é habitual: marcando pinceladas, riscando perfís ou volumes. Non. O pastel é un pigmento co que inventar estancias, co que precisar formas que bailan e cooperan coas liñas de carbón na procura de identidades: rectángulos, ovoides, cadrados, ...
No seu portal web, Dominica Sánchez destaca a frase Hacer visible lo invisible. Que vén significando? Que a artista fai emerxer á superficie o que de arcano, de oculto hai na natureza das cousas? Hacer visible lo invisible; sinxelo e, ao tempo, ardua consecución. Sánchez ás beiras do seu karesansui deixa ir a man, segue cada trazo ata atopar a esencia zen. Liñas perfiladas sobre fondo con cores, o brinquedo que leva os pensamentos a altas cotas de precisión.
Tumblr media
D. Sanchez. sen título (2)
As creacións de Sánchez son poliédricas. Liñas curvas, reiteradas no baile cerebro-man, que carrexan un aquel de descrición de mundos orgánicos e persoais por onde definirse a si propia, linguaxe propia; linguaxe de galaxias e volumes siderais.
En conversa coa artista, ante os seus deseños de grandes papeis, onde todo indica que a súa madurez artística encamiñouna á abstracción, asevera que nos seus debuxos sempre está presente a figura humana. Máis ou menos agochada, pero está: O formato vertical é figura, mentres que o horizontal é paisaxe. Os formatos das creacións de Dominica Sánchez son verticais (moitos dos papeis Fabriano, cos que traballa, son de 100x70 cms), ergo hai figura. Nalgúns casos perfílase unha cabeza, o anacos de contornas humanas. Esas liñas complementadas con cores, os vigorosos trazos que rematan por ser a sucesión de puntos por onde fuxir do cárcere, das fiestras que pechan espazos; dos vidros que definen tempos. Debuxos de muller, de nai, de creadora, de persoa gustosa polas artesanías. Debuxar, cociñar: dous xeitos de representar universos.
Anteriormente expúxose que todos os procesos creativos requiren dun esforzo intelectual de abstracción. Esforzo de simplificación e espiritualidade, de natureza e sinteticidade. De volta, as elaboracións máis abstractas albergan nos seus fondos creacións figurativas? Estes meses está á disposición de quen queira reflexionar sobre a arte e os seus compromisos a exposición temporal Quina humanitat? La figura humana després de la guerra (1940-1966). Ao acabar a II Guerra Mundial, as creacións artísticas propendían á abstracción? Esa propensión viña determinada directamente pola barbarie dos humanos? As mínimas figuras de Giacometti entraban nesta categoría?
Abstracción e figuración beben de alicerces comúns.
Contemplar agora as creacións da exposición DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers -dentro das salas do Espai Guinovart- é asistir á comuñón entre dous artistas inconformistas, defensores dos valores vitais e sociais. Viaxar a Agramunt, plaça del Mercat, nestes meses é concederse un pracer para consigo mesmo.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: DOMINICA SÁNCHEZ. Espais fronterers
Espai Guinovart. Agramunt.
Ata o 18 de febreiro de 2024
Tumblr media
D. Sanchez. sen título (3)
0 notes
blogrefelet · 11 months
Text
Abstracció
S21
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
explosiodecolor · 2 years
Photo
Tumblr media
Pinzellades d'estiu, buscant la abstracció .Bon dia !!! https://www.instagram.com/p/ChRccFQqtPX/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
digaliatxe · 4 years
Photo
Tumblr media
#digitalart #art #applepencil #drawings #draw #ipadproart #ipadprocreate #abstractart #abstraccion #abstracció https://www.instagram.com/p/B9NBywcoeTW/?igshid=12xevfrrth708
0 notes
brancastramba · 4 years
Text
Ja ho pots ben dir...
Soc un axioma sense llar. Hi ha un suïcida de paraules que es llença des d’un penya-segat de silencis que tallen. Hi ha un mamífer que s’autolesiona una altra vegada després de rellepar-se les ferides. I també hi ha un munt de granotes, senyoreta Dickinson. Ací no bufa el vent i, així doncs, condescendentment passa el temps, sense cap moviment esdevinc una planta de carn i ossos.
1 note · View note
canalsart · 3 years
Text
Tumblr media
Dia ú d'actubre inauguració "Sant Cugat terra d'artistes" amb obres de Martín Carral (Meruelo–Santander,1959) Format a la “Llotja”, Escola d’Arts i Oficis de Barcelona, és llicenciat per la Facultat de Belles Arts de la Universitat de Barcelona. La seva obra evoluciona des d’una pintura figurativa de matís expressionista, cap una abstracció constructiva dins del camp de l’art reduccionista. Amb formes molt urbanes, mostra elements de la industrialització, fins arribar a unes arquitectures inventades i artificis mecànics a base de superposicions geomètriques, creant espais metafòrics tridimensionals. També treballa l’escultura on s’hi veu la simbiosi entre pintura i volum. L’artista parteix del bloc sòlid geomètric, on la matèria pictòrica conviu amb la superfície de la pedra, organitzant composicions de plans juxtaposats. El conjunt atorga a les seves peces una lectura visual i estètica plenament contemporània. Ha obtingut nombrosos premis i beques i la seva obra ha estat àmpliament difosa a través de nombroses exposicions individuals i col·lectives arreu. Té obra a nombrosos museus del país i l’estranger. #EntraALaGaleria #santcugat #artenxarxa #art #galeria #galeriesacasa #Somimpuls #SomICEC @icec_cat @ActuaCultura @cultura_cat #gacc #laculturaacasa @mcuranta #compartircultura #artacasa #Culturasct #cultura #catalunya, #artistes #europe #galeries #AgendaArt #compraart @CatorzeCat #cultura #actualidad #laculturaacasa #culturasct #gacc #actualidad #galeriesacasa #artacasa #culturasct #culturasegura
1 note · View note
annaperich-blog · 6 years
Photo
Tumblr media
#abstracció #scarves #arte #art #silkscarves #scarf #foulard #soie #handpaint #painting #artist #barcelona #crepedexina #seda #blau #blue #bleu #traç #brush #annaperich (en Barcelona, Spain)
0 notes
superbimages · 6 years
Photo
Tumblr media
Oli sobre metall by afontsaluart http://ift.tt/2vLawDB
0 notes
satalaiadesromani · 7 years
Photo
Tumblr media
Branques. #Pitiüses #Balàfia #arbres #fulles #colors #línies #llum #cel #flora #abstracció
0 notes
tatmanblue · 2 years
Video
En Cullera by Ximo Rosell
0 notes
newslegaxartgallery · 2 years
Link
0 notes
alexsegui · 4 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Conectant abstracció i paisatge, més com una necessitat vital que formal. El dibuix queda atrapat en les lògiques del metallenguatge gràfic, però és el contacte amb la natura el que m'aporta sensacions noves, a la recerca d'una essència definitiva que potser és també un constructe. Mentre, reconec que la tornada a la "normalitat" no m'il•lusiona i que tampoc sóc capaç de visualitzar més enllà del present immediat.
0 notes
rosercabre · 4 years
Text
Octubre
Dissabte 31
Estimar l’octubre no s’esgota. I ja en són sis que moren dits.  
Divendres 30
No vaig dir el dia vint-i-cinc perquè Shaniko va ser abans que Orís. 
Dijous 29
Més coses curioses: aquest caminar de Johnson Street a College Street cada vespre, de nou a un quart de deu. La diferència és aquest acaronar-se de les cuixes d’avui i el forat d’aleshores. La respiració del fill d’avui i la decisió d’aleshores.
Dimecres 28
És curiós: soc aspre per allò de desplaent al tacte perquè té la superfície plena de desigualtats i soc aspre per allò de pal plantat a terra per a sostenir arbres tendres i plantes enfiladisses. T’ho explico d’una altra manera: la Neret és una planta que creix i em xucla, tinc un pit gros i ple i l’altre petit i esquifit.
Dimarts 27
He tornat a calcular els quilòmetres fins a una platja des d’una plaça. Les nostres cames discontínues pels carrers que crec que em sé. He dit: no vull tornar a parlar de la possibilitat d’un lloc i no m’he cregut.  
Dilluns 26
Tinc les ganes de setmana a la mandíbula, que se m’eixarranca lleugera cada dilluns.
Diumenge 25
Filla meva, la meva fília: el racionalisme industrial dels cinquanta en desús. Amb tu. 
Dissabte 24
Hem tornat a ser on érem quan vam començar i encara érem tres. Hi hem tornat i hem vist: un possible carrer amb una possible cantonada, una possible baixada a la platja, una possible tarda com tantes altres. 
Divendres 23
No escric els dies amb desgana, visc els dies que volia i poc ho dic, poc ho ric.
Dijous 22
No tornarà a ser l’any tretze però tampoc pot ser sempre l’onze. Van ser les pipes, són les atmetlles. 
Dimecres 21
La filla ha sortit del menjador i s’ha arrossegat fins a la cuina. Escric les coses que m’importen.  
Dimarts 20
Un divorci a Sòcrates, un matrimoni a Ocata, una nosa a la sabata. Escric les coses que m’amoïnen. 
Dilluns 19
He arribat a l’horitzó i era dins un forat de la ciutat. També: sort de no creure’m, al juliol, quan el mirava des del passeig amb xafogor i por. 
Diumenge 18
Hem pujat al lloc més alt que tenim i l’hem inflat amb globus i l’hem vestit amb colors i l’hem bufat amb espelmes i l’hem menjat amb dolços i l’hem celebrat perquè només en tenim un, d’ell. 
Dissabte 17
Parlo des d’un lloc fet de records: una matinada encesa, els ulls miops, el fred de plata, el petit al pit, la cicatriu un crit. Dic que com pot ser que tres anys siguin ja a les antípodes i el fill riu, viu.
Divendres 16
La intempèrie no és només metàfora, ni concepte, ni abstracció. És un banc sota el cel. Hi ha gossos, hi ha russos. No sé què em fa més por. 
Dijous 15
No ho dic jo que els moments emblemàtics són esperar la persona i anar a peu al lloc triat. 
Dimecres 14
M’ha costat estimar aquest dia amb un carrer que ja he caminat, un arbre que ja he escalat, un banc que ja he descansat. De vegades, si digués les coses clares, parlaria, aquí, del tedi dels llocs sabuts. 
Dimarts 13
Les coses viuen als llocs que es diuen. He tornat a pensar en un quadern i no en aquí. Aquí és un lloc que és intempèrie. Les coses inclements sobreviuen?
Dilluns 12
Hi ha un lloc que la va fer créixer i vaig ser jo. No hi ha un enfora sense un endins un altre cop. 
Diumenge 11
La filla s’està dreta al passadís, al costat dels ànecs, on vaig ser feliç. El fill salta al llit, al costat dels avis, que el fan feliç. De parets i persones, són els llocs.
Dissabte 10
En algun moment la maduresa s’ha fet lloc. I és un lloc fresc, hi plou sovint, les mans a les butxaques, els ulls baixos i tranquils. 
Divendres 9
El fill diu la seva primera mentida, la filla diu el seu primer mama. He d’escriure de l’orgull com a lloc des d’on admirar. Les vistes, les vides. 
Dijous 8
Avui, uns quants llocs: carrer Castanys, passatge Ca dels Seguers, Eschborn, Bruxelles 
Dimecres 7
Un altre lloc: una cafeteria a tocar de la Meridiana. Les hores escrites són les plorades. 
Dimarts 6
De set a vuit, el fill està trist, el fill està enfadat, el fill es vol llançar a les escombraries, el fill em vol llançar a les escombraries, el fill m’estima, el fill està content. 
Dilluns 5
La primera orina no diu mentides i tu ja ho sabies, amiga. Amb qui parlo de matinada quan la filla em mama i el fill em somia? 
Diumenge 4
Ens hem enfilat a veure la ciutat i no veia casa. Els llocs em busquen o els trobo, no ho sé. Casa és un lloc, tampoc.  
Dissabte 3
Al matí ho crec: el lloc és encarat a la serra de Marina. Més tard bufa el vent i s’endú la piscina. A la nit ho sé: el lloc no és triat, el lloc és passat. 
Divendres 2
Estimo la ciutat ara que ningú l’ha de viure amb alegria i no obstant, no obstant, no voldria ser al lloc amb vistes a una paret de Villaroel. La crosta ja no hi és, el dubte persisteix. Sòcrates no ajuda. 
Dijous 1
Octubre ha de ser per força un lloc que sempre em torna. 
0 notes
explosiodecolor · 2 years
Photo
Tumblr media
Buscant la abstracció . https://www.instagram.com/p/CgADa6IqLyg/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes