Tumgik
#ajechao
serpentario · 5 years
Photo
Tumblr media
En #Peñaparda hai unha xente marabillosa que garda unha tradición musical moi singular. A nosa viaxe tiña coma destino contactar con alguén que nos explicase algo sobre as músicas tradicionais do pandeiro cadrado, co que tocan e cantan principalmente as mulleres para animar as festas. Os ritmos, as cantigas e os bailes son únicos, e inspiran a moitos músicos que visitan este pobo para recoller e espallar esta herdanza cultural. . A nosa sorte foi chegar a Peñaparda o día en que celebraban o xantar a xente da asociación do pandeiro cadrado, e celebramos con elas o entroido, no local social onde tamén está o museo etnográfico de Peñaparda, un verdadeiro tesouro gardado por estas mulleres alegres e bravas. Acolléronnos coma se nos coñecéramos dende sempre, cantamos e bailamos con elas e despedímonos ate pronto con cantos de amizade verdadeira. Síntome moi afortunado nesta procura artística de raíces, coa música tradicional e as persoas que a gardan. Vémonos pronto amigas! . #panderocuadrado #tradicional #tradi #folk #salamanca #carnaval #musica #musicatradicional #traditional #ritmos #panderocuadradodepeñaparda #ajechao #peninsulaiberica #etnografia #spain #europe (en Peñaparda, Spain) https://www.instagram.com/p/B9KXT7xC_kY/?igshid=1he6fy3uu2705
0 notes