Tumgik
#chourizo
cantoghalpon · 8 months
Text
Tumblr media
E non teño máis nada que dicir señoría.
1 note · View note
carloskaplan · 1 year
Text
Tumblr media
Ruth Matilda Anderson: Muller preparada para elaborar chourizos (1924)
2 notes · View notes
anarchomitsumi · 6 months
Text
galician public television (TVG) used to dub anime into galician when i was little. most notably dragon ball and one piece. they're the only ones that do galician dubbing for the most part. and they went FULL ON with the localisms. specially the insults. it was a gift. no media will ever give me the same experience as Zoro QUE FAS ANIMALLL. UN DÍA DESTES VOU FACER CHOURIZOS CONTIGO. or Luffy Ti o que es é un monte de merda. or Tes unha empanada que non te lambes. or Goku's Ti que hostias miras, vello? with entirely accurate tone. and all on kids television. god i miss it
1 note · View note
prechy0000 · 1 year
Text
Felicidades a todos.
Un año más, juntos. Platerías. Santiago de Compostela. Banda de Brion. Coruña. “Non hay fronteiras”. ¡Ojalá! TANXOGUEIRAS ‘TERRA’. Menú para este día: Patatas fritidas con ovos e chourizo. ¡Quen lle dera a moitos! Salud, compis.
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
Text
Paula Barreiro Rodríguez
A historia da miña avoa a concurso
1, 2, 3 probando probando… escoitase ben? Perfecto.
Bos tardes a todos e todas e benvidos/as unha vez máis ó concurso anual de historias de vida, onde cada ano os/as participantes deberán realizar un relato sobre a historia de vida de unha persoa que sexa un/unha referente para eles/elas.
Como anfitrioa e presentadora desta edición, vou a ser a encargada de dar comezo ós relatos falando dunha persoa que moi importante para min, a miña avoa Marisa. Estades listos??
- (Público): Si!
Érase unha vez, alí polo 1950, cando naceu unha nena en Friol (Lugo) chamada Marisa, lugar no que vivirían ela, os seus país, Ermita e Jesús, e os seus irmáns, Higinio e Mercedes, xunto co resto da familia.
A familia vivía nun pequeno pobo dentro de Friol chamado “A Cabana”, con aproximadamente uns 40 habitantes na época. Vivían nunha casa de pedra sen auga corrente, polo que realizaban as súas actividades de aseo mediante cubos de auga; aproveitando ademais, a calor da corte para quentar a casa.
Tumblr media
Figura 1. Foto da casa actualmente trala reforma.
Cando falamos da alimentación, a nosa protagonista comentoume que era unha dieta bastante básica, non caracterizada por ser moi variada, xa que sobrevivían principalmente a base das súas colleitas propias, caldo, leite, pan, touciño e chourizos cando había e os ovos restantes dos que levaban para vender na feira.
Respecto á roupa, aproveitaban a la das ovellas da familia, creando xerseis e pantalóns, pasándose a roupa entre os distintos irmáns, levando a cabo un aproveitamento extremo. Caracterizábanse tamén polo uso de zocos para camiñar e realizar deste xeito as grandes camiñatas diarias tanto para ir a escola como para ir casa vacas ó monte.
Á hora de falar sobre a escola a súa resposta foi clara:
- (Avoa): “Aproveita as oportunidades”
Marisa estudou os primeiros anos nunha escola chamada “A Marcela”, a cal non era considerada en si unha escola oficial, senón que era unha “Escola de Ferrado” que se atopaba a uns tres ou catro quilómetros da súa casa. A escola non contaba cun edificio como tal, senón que era unha corte que adaptaban dentro das súas capacidades para poder impartir as leccións.
Posteriormente, os/as alumnos/as cambiarían de escola a unha que xa se atopaba dentro de “A Cabana”, a cal era unha pequena casiña que tiña todo aberto e na que se vían obrigados a facer fogueiras para quentarase no medio do inverno. Explicoume tamén que ao non ser unha escola oficial, os encargados de impartir as leccións eran xente do pobo que (podía ter ou non algún estudo) tiña coñecementos maiores que o resto da xente; sobre os que comentou que non recorda que foran especialmente malos e que nunca chegaron a impartir castigos físicos.
Se que vos vai a sorprender, pero cando falamos das metodoloxías e materias realizadas na escola, non me falou do uso de ordenadores. Comentoume que referido ó material, empregábase unha enciclopedia que contiña coñecementos básicos sobre gramática, xeografía, historia e matemáticas (sen incluírse materias de carácter artístico como a música, ximnasia ou a arte); ademais de ter un pequeno libro chamado “O Manuscrito” e outro “Europa” a través dos cales se practicaba a lectura.
Para poder traballar, contaban con pizarras individuais, con xices, pluma (sempre que se a puideran permitir), unha libreta, e a tinta que facían eles mesmos cun polvos que lles daban. Non tiñan case libros, posto que se atopaban sometidos a unha gran pobreza, na cal non tiñan excesivos recursos para poder gastar en libros.
En canto á metodoloxía empregada, comentou que pese a non existir un gran número de métodos educativos na época, aprenderon na escola mediante un caderno con raias que tiña unha palabra ó lado para imitar e copiar; e unha vez aprendido, pasábase a elaboración de ditados nos que o/a profesor/a limitábase a ditar un texto e os/as alumnos/as o copiaban. Puntualmente podían chegar a facer preguntas puntuais ós alumnos para ver se estudaron a lección, pero non era moi usual, xa que non mandaban deberes para a casa.
As aulas contaban con 40/50 nenos e nenas por clase que viñan dende distintos pobos, (e indica que non recorda que se realizara ningunha distinción entre chicas e chicos) que pertencían a un rango de idade entre os 6 e os 14 anos; e que a hora de finalizar as clases (mais ou menos as tres da tarde), chegaban a casa e tiñan que realizar os traballos que lles mandaban os seus pais como ir buscar as vacas, apañar as patacas, etc.
Tumblr media
Figura 2. Foto da miña avoa na escola
Non podía non preguntarlle polo papel da relixión na escola debido ás características da época, ó que me comentou que si había relixión na escola pero que non eran moi esixentes con ela, xa que ao ser unha escola non oficial non pasaban practicamente por alí salvo puntualmente para ir recadar diñeiro.
En canto ó tempo libre, recorda xogar cunha gran multitude de pequenos a xogos tanto inventados por eles mesmos, como a xogos tradicionais e míticos que seguen a día de hoxe, como o tirar pola corda, o pilla-pilla, as agochadas, as carreiras ou o saltar a corda.
 Finalmente á hora de preguntarlle sobre a importancia que lle daban ós seus pais a escola e sobre ás razóns polas que deixou de estudar contoume que os seus pais non lle daban especial importancia á escola, xa que se preocupaban máis polas cousas do fogar, polo que aínda que ela non recorda perder moita clase, se eran necesarios para traballar, non ían a escola.
Feita a contextualización social da época, chegamos ó momento que todos/as estabades esperando... o salseo!
Miña avoa sempre foi unha persoa moi activa e sincera á que lle encanta contar historias por todos lados menos polo teléfono, que non son capaz de aguantar con ela máis de 3 minutos porque sempre ten algo que facer e me corta a chamada, polo que cando eu lle dixen un día tomando un café na casa:
- Avoa, pódesme contar a historia da túa vida
Ela sen ningún tipo de dúbida díxome:
- Por suposto que si, eu cóntoche o que queiras.
A miña avoa abandonou a escola os 14 anos cando non había máis, pois solo duraba os 3 meses do inverno e non había máis ata o ano seguinte; polo que, unha vez cumpridos os 14 anos, foise a Friol a aprender a coser, onde se quedaba nunha casa interna onde acollían ás estudantes.
E vos preguntaredes agora, a quen coñeceu polo camiño? Que estivo facendo ó rematar? A resposta é moi sinxela, coñecer ó amor da súa vida.
Tras aprender a coser e traballar como modista, á súa volta, con 17 anos, coñeceu a Manolo Barreiro (o meu avó), o cal naceu e viviu en Coruña ata os 23 anos cando se mudou a “A Cabana” e coñeceu a miña avoa. Non pasaría moito tempo hasta que a parella decidiría casarse no 1968 e mudarse a “Bargo” trala herdanza da casa familiar.
Tumblr media
Figura 3. Foto da casa familiar fai moitos anos, previa á reforma que se lle faría.
Tralo primeiro ano de matrimonio tiveron o seu primeiro fillo, Manuel Barreiro (meu pai) e cinco anos despois chegaría o seu segundo e último fillo, meu tío, David Barreiro. Durante os anos seguintes ambos se encargarían da súa explotación gandeira, ata que anos despois, o meu avó comezaría a meterse no mundo da política, chegando incluso a ser tenente alcalde.
Debido á repercusión deses acontecementos, a miña avoa chegou moitas veces a quedarse soa cos seus fillos e con todas as responsabilidades que os animais e as hortas conlevan. Co paso dos anos, e unha vez a carreira política do meu avó se foi asentando, e o meu pai e o meu tío foron crecendo e chegaba o momento de decidir que ían estudar ó rematar o instituto (meu pai acabaría índose a Santiago, onde coñecería a miña nai; e meu tío estudaría en Lugo), ambos decidiron comprar un piso e mudarse parcialmente a Lugo, pois ían movéndose continuamente entre ambas localizacións.  
Tumblr media
Figura 4. Á dereita, os meus avós na voda dos meus pais
Tumblr media
Figura 5. Meu avó a esquerda, meus pais no medio, a miña avoa, e o meu tío.
Trala partida de ambos fillos, eles quedaron vivindo xuntos e pasando momentos moi felices, onde puideron ver como os seus fillos construían as súas propias vidas, como encontraban traballos que lles enchían, como compraban unha casa propia ou como incluso o seu fillo maior chegaba a casarse.
Sen embargo, desgraciadamente, un ano despois da voda, no 1999, tras 29 anos de matrimonio o meu avó falecería a causa dun cáncer nun estado bastante desenvolto contra o que non se podería actuar.
Quedando viúva con 49 anos, cando lle preguntei sobre como se sentiu tralo acontecido comentoume que foi moi repentino, non tendo tempo para prepararse para o resultado que lamentablemente acabaría acontecendo. Cualifica este período como un dos máis tristes e duros da súa vida, sinalando que a partir dese momento é como se comezara unha segunda vida para ela.
Co paso dos anos e co apoio das persoas importantes para ela, a miña avoa mostrou a forza e a resolución que a caracteriza, tomando as rendas da súa propia vida e comezando a facer cambios para desenvolver a súa maior versión. Desentendeuse da explotación gandeira vendendo a súa parte e cobrando un aluguer polo terreo ás persoas que actualmente a día de hoxe utilizan para os seus animais, alugou o piso de Lugo e comprouse outro mellor situado, comezou unha plantación de árbores para vender (coa que traballa cada ano), e vive desfrutando da súa vida entre Lugo e Bargo, facendo o que lle apetece en cada momento.
Dous anos despois de morrer meu avó, outra persoa tería un papel relevante na súa vida, eu, dándolle segundo ela “unha nova alegría”. A miña avoa sería a encargada de coidarme en numerosas ocasións (a min e ó meu irmán) mentres que os meus pais traballaban durante moitos anos, e é que gran parte da miña infancia a recordo ó seu carón.
Tumblr media
Figura 6. A miña avoa mais eu
Tumblr media
Figura 7. A miña avoa, meu irmán David e mais eu
Todos os domingos a miña avoa encargouse de crear a tradición de ir a Bargo todos xuntos para poder pasar tempo de calidade en familia, onde o meu tío, meus pais, meu irmán, ela e mais eu nos xuntaríamos para poñernos ó dia do acontecido durante a semana e para facer actividades entre todos, como por exemplo, facendo partidos de fútbol, xogando ás cartas, ou axudándoa en calquera cousa que puidera necesitar.
Cando lle preguntei a miña avoa que considera o mais importante para ela, a súa resposta foi clara:
- “A familia, as tradicións e o tempo de calidade”
Tumblr media
Figura 8. Meu irmán, a miña avoa e mais eu na actualidade coa casa de Bargo reformada.
Toda a vida preocupouse por que todo o mundo estea ben na súa casa e porque a xente desfrute e pase un bo rato; e é que se me paro a reflexionar non sei por onde comezar a darlle as grazas.
A miña avoa ensinoume o importante que é ter xente ó teu arredor que te apoie, que é bonito confiar nos demais e querer á xente; pero que ó final do día, a persoa máis importante da túa vida es ti mesma.
Actualmente Marisa ten 73 anos e atópase desfrutando da vida, facendo todo o que lle apetece, como por exemplo, irse un fin de semana á praia, coller o coche para ir dar un paseo, ou irse á noite a bailar coas súas amigas. A miña avoa ensinoume que nunca é demasiado tarde para facer o que queres e que soamente ti tes as rendas da túa vida.
Para terminar esta introdución non se me ocorre outra cousa para dicir que non sexa grazas por todo e que de maior, avoa, quero ser coma ti.
Moitas grazas a todos pola vosa atención; e agora si, damos comezo ó concurso de historias de vida... un forte aplauso para a primeira participante.
0 notes
john-van-schilt · 5 years
Photo
Tumblr media
Di o que queiras, e aínda fai maís de 30 graos, isto e....👌 #chourizo #chourizoconcachelosexudias #gastronomiagallega #parachuparselosdedos #comidadeverdad #comidasinxela #aindaquefaicalor #ricorico https://www.instagram.com/p/B1d-SBXiaot/?igshid=1by3el4aebdlq
3 notes · View notes
acasadasreceitas · 7 years
Text
Guiso de fabas con espinacas
Quentiño, completo, sinxelo, saudábel e delicioso, este guiso é  un prato ideal para estes dias de friaxe. Apetécevos? Pois é moi sinxelo de preparar.
Tumblr media
Os ingredientes necesarios son pouquiños:
Fabas (nós usamos uns 400 g. de conxeladas)
Espinacas (optamos por uns 450 g. de conxeladas)
Media cabaza tipo butternut ou medio tercio de cabaza laranxa
Dous chourizos frescos (mellor se están lixeiramente afumados)
Dous ou tres filetes de pavo ou polo
Catro patacas medianas
Unha cebola mediana
Aceite de oliva virxe extra
Sal
E a preparación da receita é ben doada:
1. Poñemos ao lume unha ola grande, con auga pola metade. Cando a auga ferva, botamos as fabas e sal ao gusto.
2. Pelamos a cebola, cortámola en anacos e botámola tamén na ola.
3. Tras uns 15 minutos cocendo as fabas, engadimos as espinacas conxeladas. En caso de que as usedes frescas, deberedes esperar a botalas case ao final de todo, pois con menos de 5 minutos de cocción será suficiente para elas.
4. Cortamos en tres ou catro anacos cada chourizo e botámolos tamén na ola.
5. Salgamos os filetes. Pelamos e cortamos en anaquiños a cabaza. Reservamos.
6. Cando as fabas leven 20 minutos cocendo, engadimos as patacas en anacos. Ao cortar as patacas, iremos chascándoas de forma que solten máis almidón para facer máis espeso o guiso.
7. Cinco minutos despois de engadir as patacas, engadimos os filetes de polo e a cabaza cortados en anaquiños.
8. Deixamos cociñar ata que todo esté suficientemente brando, engadimos un chorriño de aceite de oliva, rectificamos de sal e servimos ben quente.
Tumblr media
Xa vedes que é sinxelo, animámosvos a comezar xa: mans á obra!
163 notes · View notes
lavoixdutablieralex · 3 years
Photo
Tumblr media
Caldo Verde maison 🥣 6 personnes 🥣 1 oignon émincé 1 chourizo coupé en rondelles 2 litres d’eau 2 dl d’huile d’olive 🥬 400 g de chou cavalier coupé finement 🥔500 g de pommes de terre sel au goût 2 feuilles de menthe Préparation Prennez au feu l’eau dans une casserole jusqu’à ébullition avec les pommes de terre et l’oignon. Assaisonnez avec du sel et laissez cuire pendant 30 minutes jusqu’à ce que les ingrédients soient complètement cuits. Vous pouvez laisser bouillir plus longtemps si vous voulez le bouillon plus épais. Pendant ce temps, préparez le chou, lavez-le et coupez-le très fin. Une fois cuites les pommes de terre et l’oignon, réduissez à purée. Ajoutez le chou coupé et les feuilles de menthe finement hachées et laissez cuire pendant 15 minutes. Coupez le chorizo en tranches. Quand le chou est cuit, ajoutez l’huile d’olive dans le bouillon et le chorizo. Si désiré, ajoutez l’huile d’olive et le chorizo en rondelles dans les bols, après la soupe servie. #faitmaison #partage #mamanssoloscuisineetcesttropbon #maiscestquecestbon #famillesnombreuses #miam #yummy #chouxcavalier #partage #chourizo #huiledolives #lavoixdutablierbyalex #délicieux #mélusinecuisine #légumesverts #pommesdeterre #portugal🇵🇹 https://www.instagram.com/p/CV3jk_YIcIh/?utm_medium=tumblr
0 notes
marcoqr · 4 years
Photo
Tumblr media
Parrilla #churrasco #chourizo @vivamos_galegos #cerdo #Duroc #Confinamiento #Dia50 #cuarentena #QuedaNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #Covid_19 #COVID19España #QuedateEnCasa #coronavirus #IoRestoACasa #Gracias #GraciasPorTodo #TodoSaldráBien #NuncaChoveuQueNonEscampara #AndràTuttoBene #grill #pork #foodporn https://www.instagram.com/p/B_uhM6tH0TV/?igshid=1hmt518s4dlti
0 notes
ouhyesh · 8 years
Photo
Tumblr media
Cando Galiza non cabe no conxelador, mais apañas.
1 note · View note
cantoghalpon · 2 years
Text
Tumblr media
3 notes · View notes
Text
@zip00198704 said: what are the choices of soups! i am so intrigued. i hear that mcdonalds outside the us have special menu options that are really tasty
Yes!! I love that different countries have different options, and sometimes related to traditional food in that country :) We have a McBifana here, which is inspired by the bifana which is this simple sandwich that’s eaten in every street fair that happens here :) 
When it comes to soups, we have a pea soup, which is the one I don’t really like, then one called Farmer soup, with potato, beans, carrot and cabbage and other vegetables, then the spinach soup, which is my favorite, and finally Caldo Verde, which is a very traditional Portuguese soup, with some like green cabbage and a slice of chourizo if you’re lucky :)
7 notes · View notes
fabioschueler · 7 years
Photo
Tumblr media
Linguiça artesanal gourmet sabor marguerita: um escândalo. E o maravilhoso bife de chourizo ... sensacional. Um corte macio e muito saboroso. #chourizo #linguica #linguicaartesanal #churrasco #churrascoterapia #churrascoemcasa #churras #gourmet (em Lar Doce Lar - Família Sá Schueler)
0 notes
alfeizar · 8 years
Photo
Tumblr media
Viva o #cocidoday @otobodolobo #cocidoday2017 #lacon #botelo #chourizo #orella #fabas e agora os postres ... #gastronomia #Galicia (en O tobo do lobo)
0 notes
aformigaatomica · 5 years
Video
Para min ter 18 non foi só un número Moitas cousas cambiaron nuns meses e aos 20 xa me sentía moi lonxe dos 17 e das vacacións de adolescencia na miña aldea. Pero un domingo montei cuns amigos no “seat 124 de novena man” que tiñamos e fomos de excursión alá coma quen vai cabo do mundo. Miña nai sacou pan envolveito nun pano, chourizo e viño e armou unha mesa exterior enriba duns paneis de uralita apilados que quedaran do arreglo do tellado. Recordo que miña nai estaba feliz e nós rimos moito porque todas as casas da aldea lucían nas súas eiras, valos e xardíns unhas fermosísimas #papaversomniferum que eles chamaron “plantación ilegal de opio”… Un tiña un irmán guardiacivil. Era o que máis ría. Pouco despois enredou con heroína. Pero esa é outra historia. Aquel domingo eu vestía a camiseta negra con escote e manguita coma a da Olivia NewtonJhon en “Grease” e non sabía nada do amianto nin dos estragos da heroína. Agora aquilo é o meu xardín. Nel quedaron sementes da #durmideira que xurden da terra como chiscadelas de ollo de miña nai. Míroas e recenden a chourizo e viño.
3 notes · View notes
Video
youtube
(vía https://www.youtube.com/watch?v=TCuZFmGsuEY)
Disfruta este platillo, ideal para desayunar en familia.
2 notes · View notes