#ourego
Explore tagged Tumblr posts
Text

Vós tamén lle botades ourego a case todas as comidas ou non tedes nin puta idea?
0 notes
Text
Pizza 100% caseira
Tardamos en publicala, pero xa está aquí unha das receitas máis agardadas. E é que a todo o mundo lle gusta unha boa pizza, e se é caseira aínda máis.

Pois ben, os ingredientes necesarios son:
Uns 500 g. de fariña de trigo
Un anaquiño de fermento (uns 12 g.)
Aceite de xirasol
Auga morna
Sal fino
Salsa de tomate
Ourego (opcional)
Queixo e demais ingredientes que queirades engadirlle á pizza
A preparación é ben sinxela:
1. O primeiro será botar uns 400 gramos de fariña nun gran conco e mesturala cun chisco de sal e unha cullerada de aceite.
2. Despois será o momento de ir engadindo auga morna, pouco a pouco, e amasando coas mans, ata obter unha masa.
3. Deixaremos repousar a masa, tapada cun pano, ata que case dobre o seu tamaño.
4. Amasaremos de novo, sobre a mesa cuberta de fariña, e estiraremos cun rolete a masa, intentando conseguir unha forma similar a un círculo (ou a un rectángulo, se o preferides).
5. Cando a masa teña a forma e o grosor desexado, cubrirémola cunha fina capa de salsa de tomate.
6. Sobre a salsa de tomate colocaremos unha capa de queixo, raiado ou en lascas, e un chisco de ourego.
7. Sobre o queixo, poñeremos os demáis ingredientes: xamón cocido, atún, tomate, pemento, millo doce, cogomelos, ovo... As combinacións poden ser centos!
8. O derradeiro paso será introducir no forno, que xa ha de estar quente, a 190ºC durante uns 15 minutos, con calor por arriba e por abaixo.
E a disfrutar!
Xa vedes que é doado: Mans á obra!
#acasadasreceitas#cociña#comida#comer#receitas#cociñar#galego#a casa das receitas#receita#rico#sabor#gastronomía#gastro#queixo#tomate#galiza#galicia#pizza#pizza caseira#realfood
11 notes
·
View notes
Photo

As flores do ourego, miudiñas pero grandes, en beleza e propiedades culinarias e mediciñais ... (en Araño, Galicia, Spain) https://www.instagram.com/p/CQuZ-zTFpAR/?utm_medium=tumblr
0 notes
Photo

Ensalada de canónigos, millo doce, queixo tipo feta #vegano, noces e ourego para xantar. #vegano #vegana https://www.instagram.com/p/ByaIpmcC2HW6vWM60HhH6JDTqSoecGiB0LMDRo0/?igshid=sufwzjno7izn
0 notes
Photo

Eioestà o escambrón recreando o meu pensar, planteino de corazón e non foi facil lograr. A beleza da sua flor e imposible de esquecer, os seus picos danche dor Soio pra se defender. Co arrecendo que desprende agocha un grande segredo, se o tes preto do alpendre o cortello cheira a ourego. Coas follas protexe o niño dun papo rubio mimoso, na veira do meu camiño e preto do castro noso. Chamase escambrón albar respetano mesmo as ovellas, é un auténtico manxar onde estan centos de abellas. O intercambio e ben fermoso eu por nada o cambiaría, os seus frutos color roxo cantas aves manteria ?? E as abellas que vein él noutras plantas se an parar, non soio producen mel tamen vein polinizar. Amo coma o castiñeiro mesmo como o cereixal, a xente o meu aveiro pensan que actúo mal. Pois e que non me coñecen nin ulen o seu arrecendo, os paixariños merecen todo o que da, e estou vendo. Nieves Fernández Vidueira
0 notes
Text
Pasta multiverduras con carne
Hoxe traemos unha desas receitas que tanto nos gustan na Casa das receitas, con ingredientes moi variados, saudables e deliciosos. Pensamos en crear unha nova versión da pasta boloñesa, con carnes pouco graxas, máis vexetais e con tallaríns verdes en lugar de spaguetti branco.

Trátase dunha receita cun gran número de ingredientes naturais, pero de elaboración moi doada e sinxela.
Imos entón cos ingredientes que usamos:
Uns 200 g. de tallaríns verdes (podedes atopalos en hipermercados)
Uns 180 g. de cinta de lombo de porco picada (falo diso aquí)
Media coliflor
Media cabaciña (calabacín)
Un tercio de cabaza butternut (info aquí)
Media berenxena
Dúas cenorias
Tres ou catro cogomelos frescos
Dous tomates maduriños
Medio allo porro
Media ducia de espárragos verdes
Media cebola
Dous dentes de allo
Uns 150 ml de salsa de tomate fritido
Viño branco
Aceite de oliva virxe
Alfábega
Cúrcuma
Sal fino
E agora toca contar como foi a preparación do prato:
1. Comezamos por lavar a coliflor, cortala en cachos e botala en auga fervendo con sal.
2. Continuamos pelando e cortando en anaquiños a cebola, que poremos a refogar con aceite de oliva, a lume frouxo, nunha tixola grande.
3. Engadimos á tixola os espárragos e o allo porro, lavados e cortados en toros, e as cenorias, peladas e cortadas en anaquiños.
4. Lavamos e cortamos en anaquiños a berenxena, a cabaciña e a cabaza. Engadímolos á tixola cando a cebola comece a tornar tranparente, primeiro a berenxena e logo o resto. Engadimos tamén o allo pelado e cortado en lascas.
5. Por outra banda, cando a coliflor leve cocendo uns 8-10 min e comece a abrandar (non esperar a que abrande de todo), engadimos os tallaríns á ola.
6. Na tixola, sazonamos as hortalizas ao gusto e regamos cun chorriño de viño. Se é necesario podemos engadir outro chisco de viño cando este se evapore.
7. Cando a berenxena vaia abrandando, engadimos á tixola os tomates cortados en dados e os cogomelos cortados en anaquiños. Tamén engadimos outro chorriño de viño.
8. En canto os cogomelos abranden, engadimos á tixola a salsa de tomate, unha grena de cúrcuma e ourego ao gusto. Agardamos a que a salsa queza e retiramos do lume.
9. Cando os tallaríns estean al dente, escorremos a auga da ola.
10. Servimos os tallaríns e a coliflor coa zarapallada de verduras e carne.

Que vos pareceu? Ídesvos pór mans á obra? ;)
#acasadasreceitas#a casa das receitas#receitas#receita#prato#receta#pasta#dieta#verdura#hortalizas#tallaríns#carne#xantar#saúde#saudable#comida#comer#cociña#cociñar#ración#gastro#galego#gastronomía#coliflor#salsa#al dente#boloñesa#multiverduras#sabor
6 notes
·
View notes
Text
Lasaña vexetal
A receita que vos traio hoxe é ideal para as persoas vexetarianas ou simplemente para as que desexedes coidarvos e comer con menos carne. Unha lasaña 100% vexetal e con apenas pasta, que resulta moito menos calórica e máis saudable, pero que mantén a mesma esencia que as lasañas de sempre.

Os ingredientes que utilicei (para tres persoas) foron:
Tres placas de pasta para lasaña precocidas (eu utilicei as de Carrefour)
Unha berenxena
Unha cabaciña (calabacín)
Un pemento (verde ou vermello)
Un manoxo de espinacas
Tres cogomelos
Medio allo porro
Unha cebola
Queixo relado (eu optei por Emmental)
Salsa de tomate
Viño branco
Aceite de oliva
Leite
Fariña de trigo
Noz moscada
Pementa moída
Ourego
Sal fina
Malia a longa lista de ingredientes, a elaboración foi sinxela:
1. Nunha tixola co fondo cuberto de aceite, refoguei a cebola. Cando esta tornou transparente, engadín o allo porro e o pemento ben picadiño, para minutos máis tarde engadir tamén os cogomelos en láminas e regar todo cun chisco de viño branco.
2. Por outra banda, puxen a ferver as espinacas cun chisco de sal.
3. Noutra tixola, preparei unha bechamel (podedes ver o post aquí).
4. Cando as verduras abrandaron, engadín un chisco de sal e ourego e uns 100 ml. de salsa de tomate.
5. Despois, lavei a berenxena e a cabaciña e corteinas
6. Tras todo isto, nunha fonte para o forno, cubrín o fondo cun par de culleradas de salsa de tomate e outras tantas da auga de cocción das espinacas. Sobre isto, coloquei as placas de pasta, e sobre estas, estendín as espinacas cocidas. Enriba das espinacas dispuxen unha capa de cabaciña e despois unha da salsa de verduras que tiña preparada. Despois coloquei unha capa de berenxena, e de novo outra de salsa de verduras e outra de cabaciña.
7. Finalmente, cubrín todo coa bechamel e espolvoreei o queixo relado sobre ela, para logo introducir no forno a 200ºC e deixar cociñar, con calor só abaixo durante 15-20 min e para rematar con calor arriba e abaixo durante outros 10 min máis para gratinar.

E pola miña parte nada máis, agora vós: mans á obra! ;)
#acasadasreceitas#a casa das receitas#receitas#comer#comida#xantar#dieta#vexetarianos#rico#sabor#chef#cociña#cociñar#verduras#hortalizas#bechamel#salsa#forno#gratinado#lasaña#lasañadeverduras#crema#gastro#gastronomía#galego#Galicia#Galiza#receita#receta#fogóns
0 notes
Photo

No meu maxin fun rebolo mais rematei en bullaca, deixei que a gripe me entrara e agora nin dios a saca. Mesmo drento do meu corpo fundou unha asociacion, catarro, febre, dor e xostra sen precisar subvención. Fixenlle eu tan voa vida con friu, molladura e suor, que agora quero que marche pero enrraizou mellor. Pasou do ourego e romeiro e do tomillo coa flor, non me queda mais remedio ca contarllo o meu doutor. Malaia a gripe e os socios que magoan sen ton nin son, faime esquecer os deberes que levo no corazón. Nieves Fernández Vidueira
0 notes