---------------------------------------------------Biografía Link to Quick Guide -------------------------------------------------- -------------Two days, one song. Cada dous días unha nova canción para alegrar os vosos oídos.---------------
Don't wanna be here? Send us removal request.
Text
East infection
Hoxe tráiovos unha canción de punk balcánico, moi orixinal. Mestura ritmos dos Balcáns con ritmos do punk é a verdade é que queda un resultado xenial!
Esta canción coñecina grazas a unha película española, chamada “A perfect day” que tamén reseñei no meu outro blog (http://seriesypelisdenee.blogspot.com.es/2016/07/un-dia-perfecto.html)
O grupo que a compuxo chámase “Gogol Bordello”. Se vexo que vos gusta moito esta entrada podería ensinarvos outros grupos de “folque punk”, se é que se lle pode chamar así.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#east infection#gogol bordello#punk#folk punk#folque#music#musica#musicians#musique#balcanes#cancion#canciones#Cancion del Dia#song#daysong
10 notes
·
View notes
Text
Cry baby
Hoxe tráiovos unha canción da gran Janis Joplin. Dicide a verdade, quen non a adora? Hahaha, é que a súa voz é tan impresionante... Por máis veces que escoite esta canción nunca cansarei.
Unha das cousas que me sorprendeu saber dela e que por iso vos conto é que antes de dedicarse por completo á música, estudiou na Universidade de Texas, onde os seus compañeros elixérona "o home máis feo do campus". Esta broma cruel marcou profundamente á cantante, que sempre estivo insegura do seu aspecto.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#janis#joplin#janis joplin#cry baby#song#daysong#musica#cancion#canciones#Cancion del Dia#music#musicians#musique
5 notes
·
View notes
Text
Purple haze
Hoxe tráiovos unha canción do mestre, o mellor guitarrista da historia: Jimi Hendrix. Non fai falla que vos diga nada sobre el agás que era AUTODIDACTA e que NUNCA SOUBO ESCRIBIR NIN LER PENTAGRAMAS. Impresionante, a que si?
Forma parte do disco “Are you experienced?” e foi lanzada como sencillo en Reino Unido e EEUU no 1967. Orixinalmente ía chamarse "Purple Haze, Jesus Saves".
Segundo Jimi Hendrix, a canción veu a el nun soño. "Eu soño moito, e gran parte dos meus soños póñoos nas miñas cancións" dixo nunha entrevista de 1969.
Como un dato curioso decirvos que o guitarrista Red Hot Chili Peppers usa esta canción como base para o solo do tema Dani California.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#jimi hendrix#rock#musica#cancion#canciones#Cancion del Dia#music#musicians#musique#song#tumblr#soños#guitar#guitarra
6 notes
·
View notes
Text
Call me
DEstou moi descontenta con tumblr, xa sei que o xoves e o sábado non publiquei entrada, pero non foi pola miña culpa. O que pasou foi que tumblr en vez de publicar os posts que programei, borrounos.
O feito feito está, así que será mellor que en vez de preocuparme me poña a facer a nova. Esta é unha canción de rock bastante antiga, pero que segue soando nas principais radios deste xénero en España e noutros países
O grupo que a interpreta chámase Blondie, e a súa cantante é unha muller. Unha cousa non moi frecuente nas agrupacións famosas, por desgraza. Foi o tema principal do filme American Gigolo, e estivo de número un nas listas de Estados Unidos e do Reino Unido durante bastante tempo.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
3 notes
·
View notes
Text
Por ti moreno
Hoxe tráiovos unha canción moi especial para min, é que ademais de estar en galego e ser de Galiza (onde eu nacín) o cantante é o profesor de música que me leva dando clase 7 anos. O grupo chámase primordiais.
Non é por nada pero o videoclip está xenial :P En serio, recoméndovos que o miredes porque así descubriredes un pedaciño de Galiza e a súa cultura, ademais é xenial para botarse un baile porque ten moito ritmo. Saíu fai pouquiño e xa ten aproximadamente 5000 visitas, axudádeslle a conseguir máis :)?
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#music#musica#musicians#musique#cancion#canciones#Cancion del Dia#song#daysong#like#like4like#likeforlike#mg#mgs#love#galicia#gallegos#galician#galiza#marcelo#marcelodobode#primordiais#video#videoclip#popular#miralo#watch#watch it#see#guay
11 notes
·
View notes
Text
Toxicity
Hoxe xa vou facer a entrada a tempo :) O grupo que vos traio é System of a Down, son armenios e a verdade é que me gustan moito pero non están entre os meus favoritos. A canción de hoxe é unha das súas máis coñecidas.
Dentro do disco co mesmo nome, esta foi unha das pezas que levou ao grupo para consolidarse como un dos mellores de metal alternativo do mundo.
Como todas as cancións de “ToxicityT esta tamén ten unha mensaxe de crítica, convídovos a que tentedes traducir a letra para ver se o descubrides.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#toxicity#soad#system of a down#metal#alternative#alternative metal#musica#cancion#canciones#Cancion del Dia#daysong#song#2d1s#serj tankian#video#videoclip#critique#critic#critica
4 notes
·
View notes
Text
Lateralus
Perdón por chegar un día tarde coa entrada pero é que tiven un par de problemillas. Bo, para compensarvos tráiovos un grupo, Tool, que a primeira vez que o escoitei e durante o primeiro ano que os coñecín odiábaos. Non sei que pasou para que agora si me gusten jajaja.
A letra desta canción réxese pola serie de Fibonacci. Ademais os ritmos son 9/8, 8/8 e 7/8, e se xuntas o primeiro número de cada un dá 987, que tamén está na serie de Fibonacci.
A verdade é que neste grupo complícanse un pouco pero quedan unhas cancións xeniais, convídovos a que as escoitedes.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#tool#lateralus#rock#progresivo#rock progresivo#music#musica#musicians#musique#daysong#song#cancion#canciones#Cancion del Dia#fibonacci
4 notes
·
View notes
Text
Troubled times
A canción de hoxe é bastante recente, do novo disco de Green Day (Revolution Radio). Quero mencionar unha curiosidade das que máis me enorgullecen, o vídeo está feito por galegos (eu tamén son galega pero a min non me contrataron xD!)
O vídeo vai dedicado a Donald Trump, en ton satírico, está claro. Presaxia un goberno autoritario, baixo o dominio da guerra e do sangue. Foi dado a coñecer o día festivo de Martin Luther King Jr.
Entre as múltiples imaxes, vese a Luther King chorando e a activistas dos dereitos civís golpeados pola policía.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#music#musica#musicians#musique#song#daysong#cancion#canciones#Cancion del Dia#green day#revolution radio#troubled times#billie joe armstrong#galicia#gallegos#donald trump#trump
4 notes
·
View notes
Text
Time is running out
Hoxe tráiovos un grupo que adoita gustar bastante polo seu estilo innovador, non hai moitos que soen igual. A canción sobre a que escribo é a miña favorita de entre todas as que fixeron.
Foi lanzada como sinxelo principal do álbum Absolution o 08/09/2003 e dise que está baseada na película Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb.
O videoclip é moi interesante, nel aparecen un grupo de militares sentados nunha mesa redonda, alleos á banda que está a soar no medio. Ao final eles acaban bailando ao ritmo da súa música.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#musica#cancion#canciones#Cancion del Dia#song#daysong#musicians#music#musique#muse#time is running out#absolution#rock
4 notes
·
View notes
Text
Polarize
E hoxe tráiovos outro dos meus grupos favoritos, xa, xa se que teño demasiados pero é o que hai. Está bastante de moda así que seguramente o coñezades, eles son Twenty One Pilots.
Está incluída no álbum Blurryface, que trae un xiro novo con temas como este que marcan os ritmos de drum’n’bass.
Este álbum é moi especial xa que o nome representa as inseguridades de Tyler Joseph (vocalista, teclista e compositor da banda). Todos os medos e todo o que odias de ti mesmo. A banda define a súa creación coma un desastre, sen chegar ao tóxico.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#music#musica#musicians#musique#song#daysong#cancion#canciones#Cancion del Dia#top#twenty one pilots#twenty øne piløts#polarize#blurryface
5 notes
·
View notes
Text
Come out and play
Esta é a sétima canción de Smash, un álbum da banda The Offspring que foi publicado en 1994.
O seu título orixinal era Keep 'Em Separated, mantenos separados, o cal deu lugar a moitas confusións. Algúns fans escribíronlle cartas dicindo “Paréceme xenial que fixésedes unha letra sobre separar ás razas”, cando os propios compoñentes afirmaron máis dunha vez que con esta canción non querían transmitir unha mensaxe racista.
Nesta canción, como nalgunhas outras de The Offspring, tamén canta Jason Blackball, un señor que adoitaba ir aos seus concertos e pedirlles que tocasen “Blackball” de aí o seu mote, xa que o seu nome real é Jason McLean.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#music#musica#musicians#musique#cancion#canciones#Cancion del Dia#song#the offspring#come out and play#smash
6 notes
·
View notes
Text
Papaoutai
Bo, para esta entrada pensei que como todas as entradas que estou a facer son de cancións en inglés, debería incluír tamén algunha noutro idioma. Por iso hoxe tráiovos unha canción de Stromae, un artista belga que canta en francés.
Esta é a súa canción máis famosa, e narra a angustia dun neno que non atopa ao seu pai. Está inspirada na propia historia do artista, xa que o seu pai foi asasinado no xenocidio de Ruanda cando el era un neno.
Mesturando varios estilos consegue un son moi característico, e do videoclip xa nin falar, é xenial. El interpreta o papel de pai, pero ese pai é un maniquí, unha gran metáfora.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#papaoutai#stromae#frances#belga#music#musique#musica#musicians#cancion#canciones#Cancion del Dia#song#popular#first#ruanda#infancia#genocidio#genocide
5 notes
·
View notes
Text
Scar Tissue
Hoxe tráiovos unha canción de Red Hot Chili Peppers, outro dos xeniais pero non favoritos jajaja.
Esta é unha das máis importantes desta banda, xa que moita xente opina que cando lanzaron Californicaton, o disco no que estaba esta canción e que levaría á fama ao grupo, a responsable de que estivese no número uno catro meses seguidos foi Scar Tissue.
Ademais este hit xa gañou varios premios, entre os cales se atopa un Grammy.
A súa letra foi dedicada a Frida Kahlo.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
6 notes
·
View notes
Text
Come as you are
Si, antes de que preguntedes, Nirvana tamén está entre os meus favoritos pero é un dos últimos que me quedan por presentarvos: aínda que aínda me gardo un ou dous na manga.
Esta canción aparece no álbum Nevermind (1991) e é lanzada como sinxelo en 1992, é unha das máis famosas deste grupo. Aínda que moita xente asegura que ten unha mensaxe “máis positiva” cás outras letras, xa que di “ven tal e como es”, eu non opino o mesmo. Creo que máis ben é unha ironía, porque logo di “E xuro que non teño unha arma” repetidas veces.
Pero bo, iso depende de como se interprete.No vídeo pódese ver a Kurt Cobain atado a un candelabro tocando a guitarra, estas escenas só se puideron gravar unha vez porque a este déronlle náuseas e pánico, e chegou a enfermar.
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#nirvana#kurt cobain#music#musica#musicians#musique#cancion#canciones#Cancion del Dia#grunge#daysong#2d1s#song#come as you are#vevo
8 notes
·
View notes
Text
I don´t love you
Este grupo (My Chemical Romance) é outro dos meus favoritos. Bo, quizais xa vos destes de conta de que teño bastantes JAJAJA. Pero este é un dos máis importantes, iso seguro.
Esta canción é un pouco especial, porque a comezaron a compoñer en 2005 nun autobús que lles serviu de estudo de gravación. Se tedes tempo e ganas recomendaríavos que traducísedes a letra, é preciosa. E aínda mellor se primeiro traducídela e logo vedes o videoclip. É xenial, como case todo o de MCR >.<
A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
#music#musica#musicians#musique#my chemical romance#gerard way#i dont love you#the black parade#Cancion del Dia#cancion#canciones
6 notes
·
View notes
Text
Basket case
E como non podía ser doutra forma, comezo este “proxecto de blog” con Green Day, un dos meus grupos favoritos. Billie Joe Armstrong, o vocalista e guitarrista desta banda, compuxo esta canción porque pensaba que ía volverse tolo debido aos seus ataques de ansiedade (máis tarde diagnosticaríanlle trastorno de pánico) e que acabaría nun psiquiátrico como o do videoclip. Por sorte non foi así e aínda hoxe podemos gozar da súa música, aínda agora acaban de lanzar o seu novo disco “Revolution Radio” hai pouco ao mercado. Este é o segundo videoclip de Green Day, e como curiosidade quería dicirvos que foi gravado nun psiquiátrico de verdade. Bo non vos dou mais a lata e, A GOZAR DA BOA MÚSICA!
youtube
6 notes
·
View notes
Text
1ª entrada
E aquí vai a miña primeira entrada... Só quero dicirvos que neste blog farei unha recomendación diaria dunha canción que me guste, principalmente xéneros parecidos ao rock ou rock en si, aínda que non descarto outros moitos máis. Espero que vos guste e A GOZAR DA BOA MÚSICA!
6 notes
·
View notes